A maior retransmisión en diferido

xente.jpg
Un dos estupendos mosaicos que fixo Foucellas dos asistentes á II Xantanza.

Isto do cerebro colectivo, en plan web 2.0, é algo incríbel. Pouco despois de ocorrer un acontecemento, xa apareceron crónicas e ópticas, moitas compartindo ángulos, outras engadindo matices…pouco máis se pode dicir da II Xantanza que non teñan dito os outros compañeiros. Simplemente, creo que foi un luxo que tardara moito tempo en esquencerse. Iso si, dúas sensacións. ¿Non foi todo moi rápido? ¿Coma o rebumbio dunha festa? ¿A onde atender con tanta xente interesante? Recoñézoo: acabei tan satisfeito como estresado. E a moita honra!

O segundo: a cara de Karlos Arguiñano. Impagábel. Eu creo que o que menos se esperaba nun restaurante do estilo do de Solla era que houbera dezasete hooligans gastronómicos. Fun buscalo ao vestíbulo e aceptou inmediatamente vir onda nós, en plan majete como é el. Pero cando volveu entrar na sala e ducias de flashes comezaron a ametrallalo coma se estiveramos na pasarela Cibeles, quedou demudado. Nunca tal se imaxinou. Pero supoño que todo axudaba. A cara do chef basco foi de cinema. Pero moitas grazas por entrarnos ao trapo, Karlos, e perdoa polo susto!

arguinhano.jpg
Preparándonos para a foto oficial con Karlos Arguiñano. Foto collida en Another Cow in the Corn.

Gustaríame destacar as crónicas sociais que xa fixeron os outros blogastrónomos e que describen, perfectamente, o ambiente vivido:

II Xantanza: breve crónica aproximadamente social, do Gourmet de Provincias
A próxima, no Fogar do Santiso, de Miguel Vila, Colineta
Casa Solla: La II Xantanza se celebra en el cielo, de Manuel Foucellas
Poio: Solla, de Moraiminha
Casa Solla: Xantanza II, de xmanoel
Crónica social da II Xantanza de Blogogastrónomos Galegos, de Makeijan.
La Frase de la semana, de Catuxa

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará