Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Leopoldo Rodríguez, unha man que cura santos

9 / February/ 2007 Sen comentarios

Coido que só quedan dous restauradores tradicionais de arte relixiosa en Galicia. Xente que fala cos seus cofrades artesáns de hai catrocentos anos directamente de ti a ti, que comprende as súas remotas e ocultas decisións da súa obra, na interioridade da madeira barroca dun santiño popular dunha capela de pazo, e que emprega técnicas máis ou menos similares e un sentido práctico na restauración do santo: “A xente da parroquia quere velos guapos”. O outro restaurador é o seu irmán. A nova xeración traballa de xeito científico, documenta cada paso do proceso, emprega mascarillas. Leopoldo, pola contra, mételle ao L&M para conxurar o mal da pintura. E a súa voz é rasposa, sinxela e directa. En culturagalega.org Xermán Hermida redactou unha interesante reportaxe e eu tiven a oportunidade de documentar graficamente un dos últimos antigos obradoiros de Galicia. Un lugar tan diminuto como ateigado e sorprendente. Aquí vai o resultado.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.