Debe a CRTVG suprimir os programas relixiosos?
O domingo pasado tiven a desgraza de erguerme ás oito da mañá. A esa hora, como nos insomnios do medio da noite, a radio pode traerche experiencias sorprendentes.
Na Radio Galega comezaba Día Santo, un programa da Igrexa Católica. Como había moito tempo que non escoitaba espazos relixiosos, decidín deixalo un rato prendido. Quedeime bastante sorprendido do cariz proselitista que tomaba a cousa. A organización empregou os micros da nosa radio pública para recabar financiamento para as entidades desta organización privada. Comezou con Manos Unidas, pero despois, para o meu pasmo, o locutor recomendou en nome da Radio Galega («unha revista que desde aquí, desde a Radio Galega, lles recomendamos«) a revista Cooperador Paulino (Editorial San Pablo) e un libro sobre oracións (tamén de San Pablo, que é un pequeno grupo editorial con capital directo da Igrexa Católica). Bastante sorprendido, fun á web da CRTVG e busquei na grella da Radio Galega e da Televisión de Galicia para ver de cantos programas relixiosos estabamos a falar. A Radio Galega conta con dous programas relixiosos: Día Santo (católico) e Nacer de novo (protestante). A Televisión de Galicia conta con nada menos que tres programas controlados por organizacións privadas externas á CRTVG de carácter relixioso: A sentinela (católico), Nacer de novo (protestante) e a Santa Misa (católico).
Intrigadísimo, indaguei na Lei da Compañía de Radio Televisión de Galicia (pdf) para ver como se materializaba nos Principios de Programación (artigos 16 e 17) a atención a realidades culturais e sociais na cadea pública. Tan só hai unha mención xenérica ao respeto ao pluralismo relixioso no artigo 16. No dereito de acceso ás emisións da CRTVG (artigo 17), é dicir, no texto legal que regula quen pode usar os medios públicos, o texto é extremadamente ambiguo:
«A ordenación dos espacios de radiodifusión e televisión de Galicia farase de xeito que a eles poidan accede-los grupos políticos e sociais máis significativos. Para tal fin, o Consello de Administración, de acordo co Director Xeral, terá en conta criterios obxectivos, como representación parlamentaria, implantación política, sindical, social, cultural e ámbito territorial
de actuación.»
Visto o visto, resultoume bastante estraño que a CRTVG, que é unha empresa de capital público, aínda continúe a ceder de forma gratuíta cinco programas da súa grella a organizacións privadas de carácter relixioso e proselitista. Especialmente difícil de comprender cando o texto legal que ampara a CRTVG non fai ningunha indicación expresa ao respecto e cando supón unha situación de agravio comparativo difícil de xustificar perante outras entidades de «ámbito político, sindical, social ou cultural» que poderían reivindicar o mesmo dereito de acceso e control dos contidos de emisión.
Os argumentos que se puideron esgrimir no seu momento sobre dificultades na atención a colectivos de crentes non teñen moito sentido hoxe en día. Unha destas organizacións privadas, a Igrexa Católica, xa conta cunha emisora radiofónica de difusión nacional, a COPE, e con outra emisora que opera nas franxa atlántica, con máis poboación (Radio María). A Igrexa Católica tamén comezará a emitir Televisión Popular, unha TDT de ámbito autonómico que está en preparación e que foi aprobada polo anterior Goberno galego. Ao mesmo tempo, Internet garante o acceso á información de todos os usuarios conectados e é unha ferramenta estupenda para facer proselitismo, como se pode comprobar día a día.
Non ten ningún tipo de sentido manter e cubrir os custes económicos de cinco programas relixiosos na grella da CRTVG e sobre os que, por riba, -sospeito, non o teño confirmado- non existe ningún tipo de control de contidos por parte dos responsables do ente público, que, non o esquenzamos, dan contas no Parlamento do seu traballo. Se cadra a posta en marcha da Televisión Popular sexa un bo momento para rematar co proselitismo privado na CRTVG.
















Concordo ó 100%
Home, é un fastidio que non se podan controlar os contidos da «Santa Misa». ;)
Por outro lado, se a función da Televisión de Galicia é difundir ó idioma galego, congratulome que organizacións relixiosas utilicen a nosa lingua.
…a Santa Misa e catro programas máis nos que se di de todo…
Xmanoel, por esa regla de tres, os comerciantes tamén deberían contar cun espazo propio, controlado por eles, e os médicos, o os DJs…
A día de hoxe, a existencia de programas controlados por Igrexas na TVG é unha excepción, non unha norma. Habería que saber por que se lles aplica un medidor diferente que ao resto das organizacións.
Eu xa era sabedora da existencia deses espazos relixiosos, escoitar a radio ás 7 da mañá ou ver a tele ata as tantas permiteche descubrir esa clase de expedientes. O máis gracioso foi que en outubro nunha visita á TVG, cando nos ensinaron o plató onde se grababa a Santa Misa eu era a única da clase que sabía que daban iso, e os meus compañeiros comezaron a mirarme de modo extraño…. algún ata debeu pensar que me erguía a velo….
E sí, os contidos dos programas son tan fortes que mesmo parece que é están de coña….
E digo eu, havera que diga que a a «Santa» misa por Tv é um serviço da CRTVG aos enfermos, que nom podem ir a igreja mais… nom tem já a Igreja Católica umha canle de TV (Popular) e umha radio (COPE)?
Eu penso que a televisión tamén é un servizo público, e aínda que pareza mentira hai moita xente que so pode asistir á misa desta forma. A Igrexa católica é máis que «unha organización privada», que postos así tamén o son os equipos de fútbol e ninguén protesta…
De todas formas, sí que se deberían, non controlar, sino revisar os contidos de moitos destes programas, tanto por alleos á realidade como por proselitistas e rancios. Poderíanse facer programas de temática relixiosa de moita calidade, pero tal vez tampouco estamos dispostos a cambiar (porque é máis cómodo e políticamente correcto para algúns, porque a principal mellora sería a desaparición para outros)
Só por rebatir os argumentos máis simples : Cantas cousas que eu considero imprescindibles para a vida non pode ver/escoitar moita xente máis que pola tv?. ..
Supoño que é unha situación herdada doutros tempos, nas que os responsables non actúan por inercia.
O lóxico sería suprimilos, como ben dis a Igrexa ten medios suficientes para difundir a súa mensaxe evanxelizadora (ou o que queira, como se pode escoitar na COPE). ¿Pero quen lle pon o cascabel ó gato? ¿Vés valentía suficiente nos responsables políticos para enfrentarse a titulares do tipo «Novo ataque da Esquerda española e nacionalista á Igrexa»?
Pero si, tés razón, vai sendo hora de romper con certas cousas, que xa temos unha idade e os mundos cambiaron…
Antía, en referencia a que hai xente que só pode asistir aos ritos da súa relixión a través da televisión, por iso suxería no post que un bo momento para a supresión sería cando comezase a funcionar Televisión Popular, propiedade da Igrexa, a nivel autonómico, que será en breve. Alí poden transmitir todos os ritos que queiran e a quen queiran. Nese momento, tamén, será imposíbel xustificar que a televisión de todos pague os rituais dos membros dun colectivo relixioso determinado.
De todos os xeitos, e como lle escoitei dicir a un caritativo cura dunha parroquia a unha muller impedida que dicía que vía a misa pola tele, «iso non vale».
Aínda así, a misa é só un dos cinco espazos de proselitismo que se lles regalan semalmente a estas organizacións privadas na CRTVG.
Juan, en parte das no clavo: eu supoño que con todas as que caen, nin se lles ocorre abrir outro frente. Pero dáme a impresión que, total, sería o mesmo.
O que se xoga, en realidade, é a nosa madurez como sociedade laica que se dota dun Estado moderno, no que están claras e separadas as cousas. Non vou neste post en contra a relixión. Pero a relixión debe saber que non pode empregar os recursos públicos para a súa propaganda de forma sistemática.
Si,pero hai que recoñecer que é difícil renunciar a un status quo favorecedor.
E sinceramente, se nos apostamos esa madurez da que falas, creo que perderíamos. Hai certos puntos -poucos ou moitos, pero hainos- onde relixión e estado seguen fortemente entrelazados. Teño visto algúns estudios sobre irmáns samieses que non teñen ben definidos os algúns límites identitarios despois de seren separados. Pois moito me temo que aquí pasa algo semellante.
Queda bastante por traballar para conseguir esa madurez. Se a CRTVG suprimise eses programas, iso ¿sería un medio ou un fin?
¿A Sagrada Misa é proselitista? Non coñezo ós outros programas e os poden eliminar. En canto á misa, non sei porque a metedes no mesmo allo.
De feito xuntar COPE + Misa na mesma frase é bastante indignante. Supoño que alguén aludirá que a Conferencia Episcopal di o que fai toda a Iglesia Española. Non é certo. E se o pensades así, é que non coñecedes máis ca 2 ou 3 parroquias. Na Iglesia Católica hai máis de unha idea dentro. O feito de tratala coma un bloque só beneficia precisamente ós da Conferencia Episcopal.
Volvendo ó inicial, Santa Misa na Galega, defendoa. No resto non.
De todas formas tampouco estou de acordo co que comentades de proselitismo. ¿Algún de vos ve estes programas? ¿Tedes medo de se o vedes os programas de vos convirtir? ¿Porque dicides que son proselitistas?¿Porque falan das súas ideas?
A verdade doume conta que estou a anos luz de moitas ideas da Iglesia Católica, pero tamen me dou conta que teño pouco que ver cas ideas que defendedes.
Houbo unha época na que me consideraba se cadra agnóstico e canda menos ateo. Hoxendia coido que me debería calificar coma respetuoso das ideas dos demais. Incluindo as relixiosas.
E de indignarme, me indignaria cando todos os partidos que gobernaron na Xunta utilizaron a televisión pública. Non porque a Iglesia de a Santa Misa. Polo menos todos sabemos que ideas vai trasmitir.
Pero bueno, vexovos a todos moi convencidos nunha cruzada laicista. Se facedes un referendum votarei que os deixen no G. Mentras tanto, tampouco teño moito máis que dicir.
Juan, a supresión dos programas do TVG non debera ser nin un medio nin un fin, senón unha consecuencia, unha evolución normal. Un bo síntoma para o Estado e, estou convencido, tamén para as relixións.
Xmanoel, a Misa é un clásico do proselitismo desde hai centos de anos. Sermón, predicadores…, etc. Os exemplos ao respecto son moitos e todos temos as nosas anédotas persoais. Como instrumento de adoutrinamento e ensinanza de novas ideas segue moi vixente: non hai máis que ver as cartas que remiten os bispos hoxe en día para empregar a canle de comunicación do sermón.
En realidade, o tema non é a Igrexa Católica, senón máis ben por qué determinadas organizacións privadas con fins proselitistas (síntoo, desde un punto de vista sociopolítico a cousa é así, non me meto no tema relixioso) teñen prebendas na CRTVG e dereito para transmitir gratuitamente a súa ideoloxía e outras non.
E o tema, por suposto, é que a Igrexa e o Estado deben ser entidades separadas dunha vez por todas, coma no resto dos países civilizados. Máis que nada porque eu voto aos políticos que toman decisións na CRTVG co noso diñeiro público pero creo que aos bispos…dáme a min que non.
Si, lieime cos palabros, pero o que quería dicir é se no momento actual suprimir eses programas sería consecuencia dunha situación normal ou se se plantexaría como un medio para alcanzala. Non falaba do que debera ser, senón do que sería.
En canto o que di Xmanoel, eu non pretendo levar un discurso antirrelixioso, nin creo que se trate diso. Creo que o tema está máis ben en que unha organización privada que se define como evanxelizadora (polo tanto, unha das súas misións é difundir a súa ideoloxía) se serve dun medio público como altofalante. Non entro a valorar se esa mensaxe é positiva ou negativa, só que hoxe en día a Igrexa ten medios suficientes para facelo sen necesidade de que os cidadáns financien o que é unha forma de publicidadade gratuita.
É unha situación sen sentido. Ou abres a man para que poidan facer o mesmo todas as organizacións con medios e obxetivos similares ou separamos definitivamente Igrexa e Estado coma debería ser en todo país civilizado.
Desculpas aos que comentastes algo e non aparecestes ata agora. O filtro de spam de WordPress, Akismet, parece que non lle gusta nada que asinedes con correos «gmail». Vou ver se o soluciono…aínda que non sei como.
Entendo o que dicides, pero penso que a misa, antes que un «clásico do proselitismo», é unha celebración das nosas crenzas compartidas cos demáis, a pesares do q teña sido noutros tempos. Esas cartas dos bispos poucas veces calan nos «sermóns» (eu chámolles homilías): teño ido a centos de misas e nunca escoitei nada que non se referira ó evanxeo, é dicir, que as exhortación por exemplo en contra dos divorciados ou homosexuais (por dicir algo) non chegan ó pobo. Vivimos nun pais laico, pero nos guste ou non a nosa tradición é cristiana e non me parece mala canle a televisión pública para comprender e reflexionar sobre estes temas. Cando todos teñamos acceso a unha canle solo disto, tal vez as cousas se plantexen doutra forma, tal como dicides. De todos modos, tampouco me valería se acaba sendo como a Cope, que a inmensa maioría das veces non ten nada que ver co que pensamos e vivimos a Igrexa que formamos a xente de a pé. A moitos sorprendería saber o distinta que é a realidade se deixaran de esconderse baixo prexuizos ou se o tema non estivera tan denostado.
Eu son incondicional da TVG.Pero os domingos en toda a mañá non podo dispoñer dela.En toda a mañá.É esaxerado.E iso que non andamos como a 2 tendo que porlle programiñas a xudeus,musulmáns e ¨pastafaris¨ varios…Un programa pra facer proselitismo do que sexa é unha aberración nunha canle pública.¿Pra cando un programa marxista-leninista?
Como tenho defendido em tantas ocasiões, os conteúdos DE UMA SÓ religião estão FORA-DE-LUGAR se os pagamos TOD@S.
Quero dizer, sobram no ensino, sobram nas administrações, sobram nos meios públicos.
Eu estou totalmente a favor da retransmisión da Misa pola TVG. Os meus avós, moi anciáns e con pouca saúde, vena todos os domingos dende hai anos, ao igual que fan moitos enfermos que non se poden desprazar. Creo que unha televisión, como servizo público que é, debe ser respectuosa coas crenzas dunha importante porcentaxe da poboación. Por outra banda, a Misa da TVG é das poucas que se poden oír en galego. A min, persoalmente, paréceme un elemento moi beneficioso para a normalización da nosa lingua. Un saúdo.
Veloso, por iso digo eu que terá bastante sentido suprimila cando Televisión Popular, a televisión da igrexa, comece a emitir para toda Galicia. Ademais, polas condicións da concesión autonómica, a Televisión Popular deberá emitir en galego unha significativa parte da súa produción, cando menos un 50% da produción propia:
http://www.xunta.es/comunicacion/dxca/cata/pdf/decretotvt.pdf
Creo que a partir aí, se aínda precisa máis diñeiro para empregar a lingua habitual dos seus fieis en Galicia, pode concorrer ás axudas á lingua que se convocan anualmente desde a Xunta, como calquera outra entidade.
Ca eirexa topamos…..
Lars e megago, totalemte de acordo
O outro día pensei neste tema e agora atopo este post no teu blog… vexo que non son o único. Saudiñoss
Na TVG tamén se lle dá caña á Igrexa. Traballo alí, e en informativos as cousas son diferentes.
O deán da Catedral de Santiago colgoume de forma moi maleducada o teléfono ó saber que eramos da TVG e o tema sobre o que queriamos falar con eles. É certo que para que se lles retransmita a misa están moi contentos, pero cando entramos en certos terreos… non quero nin contar como se poñen. E o mal exemplo que dan… En fin, quen queira ir a misa que vaia á igrexa e os memo coas clases de relixión, se os pais queren que os seus fillos a aprendan que os leven os domingos alí, que cousas máis proveitosas se poden ensinar nas escolas…
Eu sí que estou sorprendido polo feito de que te sorprenda ver espazos relixiosos na galega.
Debe ser que viviches toda a vida nun país diferente ó meu… Unha cousa é non concordar, pero outra é sorprenderte de algo co que levamos convivindo moitos anos.
Ao millor é que o último programa de televisión que viches foi nos tempos da Segunda República (bueno, daquela non había tele ¿non?, e dende que chegou o aparello ata hoxe, só poñen chorradas… je je, rite home!).
Ou ao millor é que estamos na liña de inventar nós tamén un pasado glorioso (queres que rememoremos o pasado de Galicia dos últimos 80 anos? ¿Ou só a parte da película que nos interesa? Ese é tema para outra charla maxistral, centrémonos nesta).
Que nun futuro queras que non haxa programas deste tipo paréceme respetable, pero que negues a evidencia do que foi a cultura deste pobo (para ben oupara mal…) é negar moitas das tradicións e costumes dos galegos, incluíndo o carácter dos nosos paisanos.
Por último dicirche, amigo, que prefiro que os meus (hipotéticos) fillos aprendan os valores da relixión cristiana que non os que considere o goberno de turno que son os correctos… e antes de que ese pensamento que che acaba de vir á cabeza aflore de todo, pídote que non caias no argumento facilón e recurrente de sacar a relucir os valores da Igrexa noutros tempos moi pasados (todos temos unha época pasada á que nos remontar pra buscar un argumento favorable, e o século XX galego no é como para presumir de republicanos-queima igrexas, demócratas, antifranquistas… cando queras, tamén disertamos disto).
Saúdos e biquiños a todos/as (¿é políticamente correcto así?)
PD: dende a primeira comunión que non vou a misa, pero regresei vivo…
Eu suprimiria toda a CRTVG por que é mala ata dicir basta. Os programas dan noxo, as series pena, os informativos as veces abren a súa cróncica dicindo que morreu unha vaca en Salvaterra, en fin aforrariamos moitos cartos para outras cousas máis importantes