Proxecto DousMiles (1): subimos ao Tres Bispos

Last updated on 23 / Xaneiro/ 2007

tresbispos_1.jpg

tresbispos_2.jpg

tresbispos_3.jpg
Pico Tres Bispos e dúas vistas da Serra dos Ancares. Fotos: Soledad Felloza e Miguel Pose

Xa temos o noso primeiro DousMil -aínda que sexa de 1791 metros-. Tivemos sorte: o Pico Tres Bispos, na zona luguesa da Serra dos Ancares, é un lugar ideal para comezar un proxecto deste tipo se es un novato. Un paseíño longo, cun tirón final accesíbel para todos os públicos lévate ata un cumio cunha vista fenomenal sobre os Ancares. No camiño, moitas cousas notábeis. Bosques de abetos, de caducifolias. Pero a min chamoume especialmente a atención a presenza marabillosa dos acivros, con todos os seus froitos vermellos que tanto atraen á parva pita do monte. Tras subir o cumio fixemos o noso propio camiño, polo val posterior. E aquelo era tamén moi bravo. Unhas lagoíñas inaccesíbeis e marcas do lobo por todas partes, que caza alí aos animais que baixan a beber.

Aquí temos un pequeno vídeo da experiencia, editado en dous minutos e conscientemente feito a machada. Prima a rapidez sobre a forma:

Datos prácticos:

Para durmir: Albergue dos Ancares (6 euros) ou Mesón Campa da Braña (25 euros/habitación). Ceas: 12 euros. Caseiras e montañesas. Moi ricas. Mellor beber cervexa que viño.

Proxecto DousMiles: a idea

10 Comments

  1. reflexf4
    23 / Xaneiro/ 2007

    NORABOA PO LA EXPEDICION, VAYA ENVEXA QUE VOS TEÑO…XA QUE NON PODO IR..ESTAOU PENSANDO SI ME LEVARIADES UNHA PUA A OS OUTROS DOUS MIL…TAL COMO FIXO PANCHO VARONA COS DO A O FILO DO IMPOSIBEL..

  2. 23 / Xaneiro/ 2007

    Xa me acordei da aldea dos Ancares da que che falaba onte: Quindous. Alí é onde nos deixou tirados o coche. No centro da aldea hai un bar (non recordo o nome) onde se comía barato. E o pazo ó que me refería aparece catalogado como Fortaleza de Quindous. Non é espectacular, pero se pasas pola aldea paga a penar parar para velo.

  3. 23 / Xaneiro/ 2007

    reflex, estarei encantado de subir unha púa (¿de guitarra?). Pero polo propio ben da música non me pidas que a use.

    :)

  4. 23 / Xaneiro/ 2007

    Tomo nota, Gourmet. O seguinte destino nos Ancares pode que sexa o Mustallar. E botareille unha ollada a ese pazo.

  5. reflexf4
    23 / Xaneiro/ 2007

    Vale xa tratarei, de deixarcha por Palmeira- A cova…O Porto…. e si, e de guitarra , a ver si asi me colle tamen a min algo mellor de acustica que boa falta me fai .,.cando bandurrieo..

  6. berto
    23 / Xaneiro/ 2007

    Subín os Tres Bispos un par de veces e o mustallar outra nos últimos anos e realmente é tan chulo como o contas.

    Unha das veces comezamos a ruta un pouco tarde e subimos pola liña de picos dos 3 Bispos ata o Mustallar e comezou a oscurecer baixando este último… vivimos unha patética aventura baixando cos frontais e con linternas monte através para sair a carretera a 3 km da campa da braña dirección Piornedo. Afortunadamente non pasou nada, supoño que porque tiñamos 20 e poucos anos e eramos inmortales ou algo.

    Todo este absurdo foi compensansado por un cocido in-extremis as 12 da noite que nos serviu a bendita dona da taberna de Doiras ao lado do lume. Esa señora tamén facia e espero que siga servindo nos almorzos mermelada de tomate e embutidos “senfin”. Compensou o risco e o esforzo completamente.

    Sempre nos quedabamos nesa pensión ata que deixou de dar camas e parabaos na taberna do vasco arriba na campa pero xa non era o mesmo gastronomicamente nen-de-coña.

    Moito ánimo co proxecto este!! as veces parece que botas as tripas, pero as compensacións en forma de paparotas posteriores non teñen precio :D

  7. 24 / Xaneiro/ 2007

    Pois queda anotado o da taberna de Doiras, Berto, que ten unha pinta de coña.

    De todos modos, na do vasco tampouco se come mal de todo. A primeira noite: caldiño, tenreira en preve de noces. A segunda: caldiño (íache frío), coello ao viño…

    por certo, o meu akismet pensou q eras spam. debeu ser cousa da negriña.

  8. 19 / Febreiro/ 2007

    Acabo de chegar agora de tres bispos, e tiña unha boa capa de neve, tanta que para baixar do albergue tivemos que esperar que un tractos quitaneves nos abrira a pista… pero nos vos podedes imaxinar a beleza desta zona con neve…

  9. 28 / Maio/ 2007

    Un lugar impresionante en el que recorres montaña y valle en la larga ruta por la que tienes que andar por esta zona de esta “fremosa terra chamada Galiza”.
    Una ruta muy recomendable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará