Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Música

O relativismo imprescindíbel

18 / January/ 2007 2 comentarios

recolledores_de_lixo.jpg

Baixaba eu hoxe para casa despois dunha esgotadora sesión de traballo de quince horas, que se sumaba a outras similares nos dous días precedentes, en continuidade coa infernal semana anterior. Esgotado moral e mentalmente. Chovía pechado e con gañas, intenso e diluviante, e apareceron eles polo carril do carón, cubertos co seu chuvasqueiro refletante e enganchados como bonecos á traseira do camión. Son os emisarios ruidosos da noitiña, aturando o frío e os nenos de papá bébedos dos xoves pola noite. Para vostedes, o meu chapeu levantado desde dentro do habitáculo climatizado do coche, mentres escoitaba a Big City Rock. Grazas por ser os emisarios do necesario e imprescindíbel relativismo e por poñerme no meu sitio.

2 comentarios »

  • reflexf4 says:

    gustacheme ben a foto, mesmo parecen xente da nasa….ou de calquer outra mision perigrosa…ainda que a que teñen xa ten perigo bastante, soio con aturar os restos dos excesos das movidas…saudos

  • magago says:

    Si, fixen varias fotos. Algunhas eran bastante máis claras, máis informativas. Pero esta gustoume moito máis. É máis evocativa.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.