Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

De brindes ao sol, palabras no aire e o teu diñeiro tirado

18 / January/ 2007 13 comentarios

estatuto.gif

Na praxe política habitual, os líderes xúntanse a traballar xuntos cando xa está todo o peixe vendido e quedan flecos mínimos que atar. Sempre se trata dunha delicadísima fotografía pública que só debe efectuarse cando se achega unha conclusión e unha mensaxe, como a sinatura dun acordo ou un convenio; do contrario, a imaxe pública debilítase por todas as partes. Teño a percepción de que nestes casos foi un intento desesperado de última hora: Touriño tentou empregar a forza simbólica da Presidencia do país, pero o resultado demostrou que esa forza non é tal. Cando os vin entrar, supuña que unha horiña antes do telexornal da mediodía habería algún tipo de comparecencia pública na que presentarían calquer tipo de preámbulo ambiguo que permitira dar o paso adiante e seguir.

Se estes tres profesionais que cobran do meu e do teu lombo fosen arquitectos, médicos, cociñeiros, fontaneiros ou carpinteiros, hai tempo que tería prescindido dos seus servizos. E non é demagoxia. Se actuaran con responsabilidade real, sabendo que nisto nos xogamos diñeiro e dereitos, non terían malgastado tantas horas do seu tempo en chegar a nada e en monopolizar e estresar o debate político nacional con palabras de aire, brindes ao sol, xogos de despiste e etéreos debates sobre símbolos. O mesmo día, en Francia debátese sobre o dereito dos cidadáns a recorrer á xustiza por ter unha vivenda digna. Asuntos como estes debilitan o escaso creto que ten o entramado autonómico para unha enorme masa de poboación, que o ve como un apéndice administrativo e non realmente coma o Goberno do país.

É doado comprendelo: pensemos que isto fose un país normal. Cambiémoslle a palabra Estatuto por Constitución, que soa máis forte pero vennos ben para o caso. E imaxinemos que os tres líderes políticos do país deciden que este non pode cambiar de Constitución polas súas diferencias irreconciliábeis sobre “sentimento”, “realidade” e outras profundidades, sabendo ademais que poñan o que poñan non vai afectar ao articulado da Constitución. Por unha discusión de cafetería. Decatarémonos do pavoroso ridículo no que quedamos.

13 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.