
Os que traballamos en temas de deseño, produción ou análise de páxinas web sabemos o útil que é dispor dunha aplicación que nos permita fotografiar todo o alto dunha páxina web cando esta rebasa a superficie que vemos no pantallazo, tal e como se pode ver con esas mostras do Guardian e La Voz de Galicia. Unha das mellores aplicacións que me atopei é o Pearl Crescent Page Saver, un programiña cunha boa versión freeware que mesmo ten unha extensión para Firefox que che permite fotografar directamente desde o navegador. Utilísima.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }
pois eu non lle coñecía esta, eu veño utilizando Screengrab, outra extensión para o firefox co mesmo fin
Deixa un comentario