O proxecto Readers

31 Decembro, 2006

lectora.jpg
Unha lectora participante no Readers Project

A través das Estrelas e Limóns, chego ao Readers Project, un proxecto de Gloria Rossi, unha deseñadora web:

Leggiamo libri, ma non solo… libretti delle istruzioni, cartelli stradali, guide, giornali, etichette… the readers project è una galleria virtuale che raccoglie le foto dei nostri momenti di lettura, dei libri e delle librerie, di letture solite ed insolite, per raccontarci come lettori.

…e, aínda que non aínda non hai moitos exemplos, resulta curioso comprobar cal é o contexto no que a xente quere amosarse publicamente mentres le: relax, praia, paisaxe aberta e…gatos! É certo que un gato enredado nos pés é un gran estimulador da lectura, pero o da paisaxe aberta e espectacular, en plan cantís ou lagos ou mares, mentres un se concentra nunha pequena superficie de 15 centímetros, sempre me resultou difícil de crer. Eu creo que son seleccións que a xente fai máis ben por certo sentido do espectáculo: eu distraiome con facilidade e gusto, neses lugares, lendo máis ben a paisaxe humana e natural, ou permitíndome a evasión absoluta e quimérica. Para ler ben, prefiro esoutros momentos de escuridade e concentración, ou o meu lugar preferido, o tren, no que devoro libros a velocidades increíbeis. É unha sensación extraña. Esa paisaxe na que descanso os ollos, de cando en vez, desaparecendo en segundos, mentres que o mundo das palabras se detén na cabeza con gusto. Nos opostos está o punto medio.

{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }

1 Gloria 11 Xaneiro 2007 at 8:50 pm

I was “weaving the web” and I found this comment on “The readers project”. Unfortunately I don’t know very well your language (I’ m able to translate the words similar to italian), so I lost most of words…
(It will be nice to read it in english)
In the section “links” of the project I collect links to all sites containing comments on it… I would like to link this page.
Hoping to receive a reply from you… and waiting for other photos… thanks.
Gloria

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>