A Cova do Fonforrón, en Porto do Son

cova_2_fonforron.jpg
A Cova do Fonforrón, á dereita.

Nunha xeografía mítica do Barbanza, a Cova do Fonforrón figuraría como escenario de piratas noturnos, cíclopes escondidos e fuxidas pola noite. Desta furna próxima ao Porto do Son contan que partía un túnel que ascendía ata o Castro do Monte Enxa, a 500 metros de altura, polo que fuxían os mouros no caso de perigos. Algún veciño aseguraba que, se soltabas un galo no alto do monte podías agardalo á entrada da furna. Atopáronse algúns úteis supostamente paleolíticos,como machadiños, no seu interior. Este lugar tamén foi acubillo de contrabandistas e maleantes. Algunha familia lembra como o seu bisavó foi asaltado no camiño por bandoleiros, que lle deron morte. A muller tivo que ir buscar o corpo á Cova do Fonforrón, e subilo a ombreiros entre os homes polo cantil, nun tempo de trebón. A cova emite un enorme ronquido cando chega o vento do sur, que trae o temporal á ría de Muros. Pola intensidade do bruído do vento dentro da cova, os mariñeiros de Porto do Son sabían cando as cousas se puñan difíciles para os que aínda estaban no mar. Na cova hoxe repousan numerosos morcegos, tranquilos cando sube a maré e a furna fica incomunicada. Se chegas no momento oportuno, no momento do solpor, poderás ver por un instante as enormes pegadas dun enorme monstro mariño que se refuxia alí nas noites de inverno.

Foto 180º e localización en Panoramio

5 Comments

  1. 31 / Decembro/ 2006

    Tamén é chamativa a proximidade deses bloques de vivendas aí ao lado.

  2. 31 / Decembro/ 2006

    A realidade é bastante peor. Edificios a medio acabar e unha nova urbanización. Quen queira coñecer Porto do Son, debería facelo agora como última oportunidade. A corporación municipal está decidida a acabar co litoral e conseguirano se non se lle paran os pés.

  3. 1 / Xaneiro/ 2007

    Dende logo o lugar merece unha lenda.

  4. Katj
    30 / Abril/ 2008

    eu vivo ali, e e certo que agota estan constuindo todo e esto xa non e o que era

  5. Suso
    14 / Xuño/ 2015

    Decia mi abuela, que metieron un gallo por la entrada de la cueva de Fonforrón, y fue a cantar en Monte Muiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará