Este anuncio de 1993 de AT&T describe con sorprendente precisión as tecnoloxías que chegarían á nosa vida dez ou quince anos despois: GPS de automóbiles, tablet PCs, envío de faxes desde o ordenador, pago automático nas autoestradas, comprar tickets en liña, a videoconferencia…
…o único no que non acertou foi no eslogan final do anuncio: “…e todo isto vaicho traer AT&T”.
Vía Alt1040



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Aínda así habería que concretar que cousas coma o Tablet PC foron un auténtico fracaso comercial que ameaza con repetirse cos UMPC, e que os faxes dende o ordenador tamén se consideran algo obsoleto, de xeito que o correo electrónico xa acadou máis peso (por sorte).
Supoño que iso do eslogan final é un erro en escala global, pero moitos dos servizos que mencionan seguro que se soportan en tecnoloxía AT&T nos EE.UU. Aquí parece que se limitan ós caixeiros automáticos, pero en realidade son unha compañía moi forte. Digamos que é como falar de Telefónica en España, e aquí aínda que non o vexamos externamente, eles son os que sosteñen boa parte das tecnoloxías que empregamos a diario (por desgraza para a competencia).
Non te creas: o dos envíos de faxes vía Internet tivo moitísima vixencia ata hai dous ou tres anos, e aínda segue a ter bastante, sobre todo porque moitas administracións non teñen habilitado un rexistro administrativo vía correo electrónico, pero si rexistran e admiten docs vía fax. Moitas empresas traballan con el. Eu, que traballo no sector público, aínda vexo como nos envían, por exemplo, moitos orzamentos usando os servizos de fax vía Internet.
O de AT&T, pois bastante desigual. Seguen sendo fortes nos EEUU, aínda que non tanto como antes (a fortísima compentencia alá tamén deixou os seus feridos e novos operadores e soportadores) pero non lle foi nada ben en Europa (eu coñezo algo o caso de AT&T en España, e o fracaso da súa operación de implantación aquí foi bastante paradigmático). Hai un libro bastante interesante (agora non teño tempo a mirar o título) que investiga sobre cal foi o problema de AT&T nos seus planos de expansión. Falo de memoria, pero tiña que ver con que houbera unha secuencia encadenada de malas decisións comerciais que provocou a perda de cota de mercado global.
Deixa un comentario