Cambio de apariencia gráfica de Capítulo 0

Coincidindo cos tres anos recén cumpridos de Capítulo 0, aproveito para facer un novo cambio na apariencia gráfica do blog. Despois da experiencia con Qwilm!, que non solucionara satisfactoriamente algúns problemas de visualización en Internet Explorer nin coas resolucións alongadas de pantalla, decidín instalar un theme que enfatizase moito máis o contido e mellorase a lectura e, ao mesmo tempo, me permitira tirar avantaxe dalgunhas características de WordPress 2.0 cómodas de vez, coma os widgets, é dicir, a fácil edición dos moduliños de contido da barra da dereita. Ao mesmo tempo, as estatísticas de Capítulo 0 indican unha maior diversidade de dispositivos de lectura: móbil, PDAs, todo tipo de resolucións de pantalla, etc. Precisaba unha maqueta accesíbel desde todos estes soportes. Cutline, un molde desenvolvido por Chris Pearson, responde bastante ben a estas necesidades. Hai un último detalle: despois de anos facendo proxectos web nos que o corpo do texto sempre estaba escrito con fontes de pau seco, tiña gañas de darlle un toque retro e volver ás serifas, como Georgia ou Times New Roman. Agardo que o disfrutes e non te sintas moi perdido/a.

9 Comments

  1. 16 / Decembro/ 2006

    É elegante, e moi lexible. A anterior estaba moi chula, pero é verdade que en Explorer se portaba como un adolescente rebelde ;)

    ¿Vas seguir co contador de webstats? Dígoo polo tema dos Pop ups e a Paulina Rubio/Bisbal/Bustamante de turno que che asalta cando menos o esperas.

  2. 16 / Decembro/ 2006

    Si, os pop-ups dese contador son absolutamente mortais, pero é dos mellores en dar estatísticas en tempo real. O problema do de ecoestadistica é que só che fai os cálculos cada 24 horas. E o Analyticas de Google, que tamén o teño, é para cando queres facer unha investigación con calma.

    Se coñeces algún que dea ben os resultados en tempo real sen pop-ups chungos, agradeceríache que me pasaras a ligazón!

  3. 16 / Decembro/ 2006

    Noraboa polos tres anos dun labor ben feito, interesante e contino

  4. StatCounter
    16 / Decembro/ 2006

    Quizáis sirva

  5. 16 / Decembro/ 2006

    Estou co mesmo problema. Decidín pasar dos pop-ups de webstats a pesar de que me parecía o máis eficaz e intuitivo e ecoestadistica non me acababa de convencer.

    Agora puxen Sitemeter (información en tempo real pero moito máis básica que Webstats) que tampouco me entusisma en exceso. De momento, complementareino con Analytics mentres non encontre outro mellor. Seica Feedburner pensa relanzar Blogbeat como ferramenta gratuita nas próximas semanas.

    E o mesmo che digo, se encontras un bo, avisa ;)

  6. 17 / Decembro/ 2006

    Probarei o StatCounter, a ver como tira.

  7. 17 / Decembro/ 2006

    ¡¡Graciñas por cambiar do contador!! Eu navego escoitando música co ordenador, e cada vez que visito a túa páxina reventabanme os tímpanos.

  8. awstats?
    19 / Decembro/ 2006

    como me siguen aparecendo popups no teu blogue supoño que inda non te convenceu ningún contador. Que tal este? é necesario Perl, pero a min funcióname ben:

    http://awstats.sourceforge.net/

  9. 19 / Decembro/ 2006

    Grazas, Awstats, pero xa quitei o webstats :)))

    Tíñao estes días por ver a diferencia de conteo entre SiteCounter e Webstats. SiteCounter puntúa algo máis á baixa en audiencia, pero desglosa usuarios concurrentes. Está bastante ben.

    Por certo, o meu hosting ten instalado o Awstats por defecto, pero non me fío moito dos datos. Dá unhas estatísticas desfasadamente boas (2000 visitas por día, ou algo así). Obviamente, inclúe as lecturas ao longo do día do fluxo RSS por parte da xente que ten sindicado Capítulo 0, pero segundo Webstats e Sitecounter, o número de acceso vía web está arredor de 300. Ou sexa, que hai demasiada diferencia entre o awstats que me teñen instalado e estoutros analizadores, que creo que están máis próximos á realidade, aínda que non conten, obviamente, as lecturas en RSS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará