Capítulo 0 cumpre tres anos

…e, desde logo, non parece que fora onte. Case dous mil posts e 1095 días despois sigo disfrutando deste blog e das pequenas sorpresas que me dá case a diario. Gustaríame ter feito algo especial, pero esta semana sóanme ata os zapatos, como sempre pasa antes das vacacións. En todo caso, o realmente especial sodes vós. Unha soa proba: por primeira vez terei que pagar ancho de banda adicional no meu hosting polo incremento notábel de visitas a este blog na última tempada, desembolso que será feito con moito gusto. Como dicían nun clube vigués que andivo de aniversario: tres anos palmando pasta. Pois encantado. E sigue queimándome o ancho de banda, que me gusta o cheiro á fibra queimada e contribuir entre ti e máis eu a incrementar outro micro-microgramo máis o peso da Internet. Moitas grazas.

14 Comments

  1. Teresa
    14 / Decembro/ 2006

    Moitas felicidades! Es un dos blogs máis veteranos e non deixo de entrarlle nin un só día. Sigue facéndoo tan ben.

  2. 14 / Decembro/ 2006

    Parabens por ises tres anos. E espero que sexan moitos mais!!!

  3. 14 / Decembro/ 2006

    Felicidades Manolo. Agora a polos 4, anos e demostrar que o teu coa blogosfera é unha relación seria (xa sabes que ese é o tempo que din que aguanta a bioquímica do namoramento xD).

    Noraboa, en serio.

  4. 14 / Decembro/ 2006

    Parabéns (aínda que nesa zona da Coruña non hai un cheiro agradable) ;)

  5. 14 / Decembro/ 2006

    Noraboa!! Para ti e para todos nós que che lemos ;)
    A seguir así outros tres anos máis, polo menos :)
    De comidas, arte visual, deseño e outras herbas

  6. 14 / Decembro/ 2006

    Parabéns, ¡segue na túa liña!

  7. 14 / Decembro/ 2006

    Parabéns. ¿Soplaches as veliñas para celebralo, polo menos?

  8. 15 / Decembro/ 2006

    ghanito, non lle pidas imposibeis ;)
    que malo son :D

  9. 15 / Decembro/ 2006

    Ei! Moitas grazas a todos e todas! Que saiban que brindarei por vós unha fermosa botella mañá.

    ;-)

  10. 15 / Decembro/ 2006

    Non esperabamos menos, magago, unha boa comida e un bo viño para celebralo ;)

  11. carlinhos
    15 / Decembro/ 2006

    Parabéns Gago! Xa hai tempo que fixen de Capítulo 0 a miña páxina de inicio. É unha rutina diaria ler os teus posts. Que siga así por moito tempo!

  12. Pili
    15 / Decembro/ 2006

    Vou “pseudoplaxiar” un texto entrañable para felicitar este traballo teu de 3 anos:
    “Nunha ampla tipoloxía de lectores (de blog) posibles, un identifícase antes co que quixera ser que co que realmente é. O que eu quixera ser realmente (en Internet) é unha lectora salvaxe”. Non salvaxe de anónima, malfalada ou virulenta pirata, senon salvaxe no sentido rousseauniano do termo: persoa sen civilizar, que non domina os mecanismos sociais e que representa á humanidade nun estado natural. Eu, como navegadora amateur, entrei neste blog un pouco así. Nel descubrín que non fai falla estar “metido no allo” para chegar a captar cando as cousas son boas, interesantes,e están feitas con ganas de seren compartidas, sexa cal sexa a linguaxe na que se presentan. Felicitacións dunha lectora salvaxe.

  13. 17 / Decembro/ 2006

    Parabéns polo aniversario da criatura, Capítulo 0 é un dos blogs máis interesantes que coñezo. Seguirei por aquí. Saúdos.

  14. xurxo
    19 / Decembro/ 2006

    Parabéns Manolo! Seguirei disfrutando con esa enerxía que transmites.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará