20 voces, un documental multimedia sobre o Xenocidio Armenio de 1915

13 Decembro, 2006

20voces.jpg

20 voices. En cada nova provincia armenia que visitas, deixas plantada unha rosa na interface. Todos son testemuñas tan vellas coma o tempo, pero o impresionante é que estás a escoitar, en realidade, a voz dos nenos que algunha día foron. Lembran o drama desde o seu metro escaso de altura e os seus sete ou oito anos de vida. As palabras máis repetidas nestas testemuñas son pai, nai, mestre, soldados, homes, noite, agarrar. Hoxe falan un inglés de exiliados e os seus bisnetos decidiron rescatar a memoria dos supervivintes, sobre o fondo negro dos documentais. Esta é unha interesante versión web do documental.

.

{ 1 … Le abaixo ou engade o teu }

1 Xavier 12.14.06 at 8:29 pm

Interesante web para dar a coñecer o xenocidio do pobo armenio, xenocidio cometido por un pais , Turquia, que quere entrar na UE e non recoñece a súa existencia… e que condea a aquiles que falan do mesmo coma traidores á patria.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>