Galería de estrañas arquitecturas soviéticas

3 Comments

  1. 11 / Decembro/ 2006

    Curioso ‘meme’ (sego sen saber moi ben que é isto do meme, pero vexo que a xente o usa para falar dos temas que se poñen nos posts), pero teño visto as mesmas fotos fai uns cantos meses, so que alí mencionaban que foran sacadas por un francés e que as estaba expoñendo en Tokio.

    Jopes, a verdade as fotos seguen molando un rato, pero comenza a me cheirar a chamusquina este English Russia, porque eu coidaba que eran uns paisanos que vivindo en Russia se animaban a comentarnos cousas curiosad do pais (gostabame moito o da autopista lamallenta), pero parece ser que é un tío que ten tempo de navegar polo Google e logo andar contando batallitas.

  2. 11 / Decembro/ 2006

    xmanoel, o meme, como concepto, é algo interesantísimo. Inventouno Richard Dawkins para trasladar os conceptos de transmisión xenética ao campo cultural. En Internet o concepto cobra vida porque é palpábel, cuantificábel. Hai algunha investigación de IBM sobre diseminación de ideas moi interesante.

    E si, English Russia ten pinta de ser algo así, pero non deixa de ser un xeito de sorprenderse, moitas veces, dese país do que seguimos sen ter demasiadas referencias. Vamos, que me mola.

    ;-)

  3. 11 / Decembro/ 2006

    Certo, ainda así espero que alguén teña a curiosidade de visitar PingMag, que é sinxelamente abraiante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *