Campaña para demostrar a importancia da usabilidade web

21 Novembro, 2006

campanha_usabilidade.jpg

O pasado 14 de novembro foi o Día Mundial da Usabilidade. Toda vez que conscientemente procuro esquencerme de todos os Días Mundiais do ano, este non foi unha excepción. Pero encantoume a campaña que deseñou Different para chamar a atención sobre a relevancia desta disciplina. A campaña está orientada a obxectos nos que para percibir un mal deseño non é precisa unha práctica previa. En Internet, convencer a un cliente dos problemas de navegación e usabilidade dunha web non sempre é tan doado e claro. Aquí se poden baixar en alta resolución.

.

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 ghanito 11.21.06 at 10:53 pm

Hoxe xusto estiven dandolle voltas ó tema dos días mundiais e non se me ocorreu o que era a usabilidade (tampouco parei a buscalo)

2 Juan Castro 11.22.06 at 2:54 am

Eu quero celebrar un “día mundial do día mundial”.

Noutra orde de cousas, tamén me gusta o primeiro mobil. Será pouco usable, pero ten o seu puntiño…

3 magago 11.22.06 at 3:23 am

A min gústame a regadeira. Creo que é unha metáfora ideal para explicar o resultado do deseño dalgunhas webs. É máis, penso empregalo en power points.

Normal, Ghanito, eu sorpréndome con termos todos os días. Hai non moito atopei un calendario real dos Días Mundiais publicado pola ONU ou algo así e o primeiro que pensei foi: “vaia, de cantas boas causas non teño nin idea”.

;-)

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>