Last updated on 16 / Novembro/ 2006

Xurxo Mariño acaba de comezar o seu Proxecto Encerado, que é unha destas ideas tan sinxelas como brillantes. Despois de cada clase da materia “Estrutura e función do corpo humano” na Escola Universitaria de Enfermaría de Ferrol, Mariño fotografía os esquemas que debuxou con xiz no encerado e cólgaos nunha páxina web a libre disposición. Segundo Xurxo, o proxectiño ten varios obxectivos:
“un é meramente didáctico e para os alumnos. A idea é que teñan un esquema de todo o que vou explicando, que se queden con eles e que lles sirva para estudar; os outros obxectivos son máis conceptuais. Quero xogar co feito de empregar o método máis tradicional de ensino e mesturalo coa tecnoloxía máis recente, que é Internet, unindo un sistema de distribución global con algo feito con xiz; a terceira é rachar co santa sanctorum da clase universitaria, de tal xeito que a xente de fóra, os alumnos de Instituto, por exemplo, poidan achegarse ao encerado da Universidade e ver como é. E, por último, que queres que che diga: é chulo”
Ver o Proxecto Encerado

Será ‘xiz’ ;)
É :P