Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario

Comprender a usabilidade nos escenarios urbanos

11 / November/ 2006 Sen comentarios

usabilidade_caminho.jpg

Á usabilidade dunha web pásalle un pouco como a este anaco de rúa de Compostela. Fíxate: está creada a beirarrúa, co seu borde entre a calzada e as baldosas, co seu límite do xardín. E van os peatóns e constrúen o seu propio camiño, en liña recta, polo medio da herba. Non lles importa mollarse os zapatos (a foto está tirada nestas semanas de choivas) porque se obtén un beneficio grande: acúrtase moito o camiño.

Non sabemos moito sobre como deseñar webs: non existe unha linguaxe, un código compartido suficientemente amplo. Hai algunhas metáforas, algúns itinerarios, algunhas tarefas que a práctica e os anos de World Wide Web converteron en estándares. Por exemplo, se pinchas no logo que está na zona superior da páxina é probábel (aínda que non seguro) que volvas á páxina de inicio. E continuamente, a cada nova web que fas, xorden novos problemas para os que tes que deseñar unha interfaz que non deixa de ser unha proposta con novidades e, en certo xeito, un pequeno salto ao baleiro da navegación.

Pero si sabemos que os usuarios se apropian desas interfaces, desa tecnoloxía, e adáptana e reúsana para os seus fins, moitas veces moi diferentes aos que nós prevemos. Xente que emprega como reloxio as datas de actualización da páxina de inicio de El País ou xente que emprega o messenger para pasarse software, ou que monta criterios de programación televisiva a partir de blogs. Se tiveramos tempo, o escenario soñado para crear unha web sería debuxala a grandes trazos e deixar experimentar aos grupos de usuarios con esa interfaz para saber exactamente como usan a proposta de navegación que nós facemos. Afortunadamente, igual que esas pegadas na herba, os usuarios abren carreiros que quedan trazados nas nosas ferramentas de análise estatístico, e moita da investigación sobre usabilidade e emprego da interfaz realízase con posterioridade ao lanzamento dunha web. Por iso, cada vez máis, as webs concíbense como espazos formados como partículas abstractas e independentes, que se deben modificar con rapidez para adaptarse ao uso que os usuarios fan da nosa proposta de interfaz.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.