O universo arbóreo de Jakob Dvorsky e Vaclav Bin

25 / October/ 2006

in Ligazóns, Tendencias en deseño

plantage.jpg

Os deseñadores checos Jakob Dvorsky e Vaclav Bin, de Amanita Design, son os creadores dalgunhas das pezas de animación flash máis fermosas que teño visto ultimamente. Plantage, con banda sonora de Under Byen, é unha fantasía de árbores e carrizo poboada por criaturas aéreas. En Samorost 2, este mundo de madeira vella acolle unha visualmente incríbel historia de alieníxenas, rescate e bólidos saídos do contedor de reciclaxe. Samorost 1 é o primeiro episodio, menos desenvolvido pero no que xa se avanzan as claves deste reino da imaxinación.

Deixa un comentario

Previous post: Pisar o outono dentro da casa

Next post: ¿E se un día te atopas este sinal na praia?