We feel fine, explorando os sentimentos do mundo (angloparlante) en tempo real

20 Outubro, 2006

feel_fine_1.jpg
Cada partícula expresa un sentimento dun individuo. Hai entre 15 e 20.000 diarias.

feel_fine_2.jpg
Interesantísima interfaz de recuperación de sentimentos

Algúns proxectos superan as barreiras entre a arquitectura da información, a programación, a arte e as emocións, creando unha nova sensación narrativa “quente” que só se pode comprender nos medios interactivos. Dinme de fuciños con We feel fine, un proxecto web que simula o estado de ánimo global recollendo sentimentos individuais e os relaciona coas condicións climáticas:

Cada poucos minutos, o sistema busca novas entradas de blog en todo o mundo onde se mencionen as palabras “I feel” e “I am feeling”. Cando atopa tal, rexistra a frase completa (…) e identifica o “sentimento” expresado nesa frase (por exemplo, tristura, felicidade, depresión, etc.). Toda vez que os blogs están estruturados dun xeito moi estándar, a idade, xénero e localización xeográfica do autor a miúdo pode extraerse e gravarse coa frase, así como as condicións climatolóxicas do lugar no que foi escrita a frase. (…) O resultado é un banco de datos de varios millóns de sentimentos humanos… (máis información)

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>