Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co, Roteiros

O arroz con polo, plato preferido de Castelao

23 / September/ 2006 Un comentario

modariz.gif
Persoal do Gran Hotel de Mondariz a primeiros de século.

…ou cando menos, era o que máis lle gustaba comer no Balneario de Mondariz ao prócer rianxeiro. Teño que dicir que non me esperaba menos do irmán Daniel: unha comida sinxela e sofisticada ao mesmo tempo, feita con produtos da terra pero na que se require unha considerábel dose de sabedoría para administrar os tempos de cociña. Así mo contou o alcalde da vila, José Antonio Lorenzo, que é fillo da cociñeira daquel vello Gran Hotel Balneario, onde Castelao pasaba as estadías de verán cos colegas. Xa non fun quen de saber se esa receita de pito con arroz -que é como lle chaman polas Terras do Condado ao arroz con polo- tiña algo especial que exacerbara esa particular devoción no rianxeiro. Unha devoción tamén compartida, por certo, con Ramón Cabanillas, outro habitual do Gran Hotel, compañeiro de mesa e tertulias políticas. Aínda así, eu sempre tiven a percepción de que Castelao debía ser de talante frugal, e que sufriría con resignación a condena do seu oficio, materializada nas interminábeis paparotas políticas que nos amosan as fotos da época.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.