Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Ligazóns

Un barco que se constrúe só no medio do bosque

13 / September/ 2006 Sen comentarios

barco_bosque_1.jpg

barco_bosque_2.jpg

Christian Kerrigan, o arquitecto e editor da revista The Space Between, especula coa formación de estruturas simbióticas deseñadas con tecnoloxía e natureza que evolucionen en ciclos superiores vitais aos dos homes: “Acadamos un punto na nosa evolución onde somos capaces de crear criterios de deseño para manipular o crecemento e desenvolvemento da natureza”.

Kerrigan deseñou un proxecto para actuar sobre unha nova plantación forestal: a través de estruturas de armazóns e aramios que moldeen o crecemento das árbores, o obxectivo é deseñar un barco que se constrúa no interior do bosque, ao longo de douscentos anos, nunha relación simbiótica entre árbores e armazón e sen intervención humana alén da disposición inicial. O barco está inspirado no Poema do Antigo Mariño, de Coleridge, unha narración poética fantástica sobre a mortalidade humana. O sistema coñece a evolución do proxecto a través dunha clepsidra alimentada coa resina das árbores, que dan a medida do paso do tempo.

Máis fotos e información en Interactive Arquitecture

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.