As entradas aos blogs a través dos buscadores son un numerosísimo porcentaxe do tráfico total dun sitio: Google, nomeadamente, parece privilexiar ou posicionar moi ben as palabras dos blogs nos resultados de busca. Este buscador chama ás buscas dos usuarios o Zeitgeist, o espírito, e é como un ente colectivo que demanda continuamente información e no que se compilan as preocupacións concretas do mundo: unha gran metáfora da globalización. Eu recoñezo que estou afeccionado ás buscas polas que os usuarios aterran ao Capítulo 0, e marabillado de que ás veces, a combinatoria de Google traia, de xeito absurdo, á xente ata aquí e de que xeito. Hai un certo número de xente que me googlea a min persoalmente, ou que chegan na busca do Guerreiro do Antifaz, pero despois está toda unha tropa máis ou menos despistada á que Google ofrece a miña pista de aterraxe privada para solucionar determinados…problemas. Aquí vai unha pequena escolma que renovarei de cando en vez:
fotos de las damas de la revolucion industrial
el capitulo que diego se cae a la piscina el video
conquistar a una mujer divorciada
ella es tan lina ella es tan freak
como estan construidos los termos
novelas pornograficas en pdf para descargar gratis
casas baratas para restaurar en galicia



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Comparto o hobby dende que comecei o difunto blog (en paz descanse).
De feito, vou gardando as googladas máis logradas.
Top 4: “O carallo 29″
Top 3: “Drogada cogiendo fotos”
Top 2: “Como salvar a un gato en una tubería”
Top 1: “REPRESENTANTE DEL HEAVY METAL LLEGA EN SU HARLEY DAVINSON Y MATA AL DRAGON” (así, en maiúsculas)
Agora, hai que recoñecer que as túas son dificilmente superables. Mira que en Google son bós e nunca minten, eu comezaría a preocuparme xD
“Google: no tiene la culpa el indio mauricio”
Deixa un comentario