Rocamadour, a Compostela francesa

rocamadour.jpg

Rocamadour
é un santuario medieval de peregrinacións ubicado en Quercy, na rexión francesa de Mediodía-Pirineos. A pequena vila é imposíbel, organizada ao redor do santuario. Hai unha virxe negra atopada na montaña, como todas as virxes negras do catolicismo; hai un sartigo escavado na rocha dun “corpo santo” tamén atopado, posteriormente chamado Saint Amadour, antigo protagonista evanxélico. A partir de aí, a arquitectura medieval fai piruetas para acubillarse baixo a gran rocha calcárea nos acantilados que deixou o río Alzou. Os reis de Francia peregrinaban aquí a rendir pleitesía; ascendían as vertixinosas escaleiras de 200 escalóns. Ao chegaren á praza das capelas, sen alento, a monarquía soltaba con desleixo centos de doas de marfil que rebotaban contra o pavimento do chan. Aí estaban os frescos da danza da morte, tan enormes, na fachada, advertindo do final. Non creo moito na distancia temporal entre os homes: este lugar estaba pensado para sobrecoller, no século XIV, igual que hoxe o fai, aínda que non traiamos xa pústulas nin remorsos nin exista xa o pecado.

rocamadour_2.jpg
Interior do recinto da basílica


Foto grande da vista de Rocamadour e o cantil

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará