A vergoña nacional

7 Agosto, 2006

lume_1.jpg
Incendio no Confurco (Boiro -Lousame)

lume_2.jpg
Volutas de fume disipándose sobre o Araño

lume_3.jpg
A cidade, sitiada

lume_4.jpg
O solpor, un incendio dende casa. Fotos: Sole

Pasamos o día na ría de Arousa: unha espesa cortina de fume impedía a visión por todas partes. O cheiro a chamusco, a cinza voando, o fume prendendo o seu cheiro no pelo e na pel. Así, todos, fumándonos o país polo nariz. Con carraxe, impotencia, rabia. Non teño moito tempo para estenderme, pero sigo sen comprender por que, despois de máis dunha década de devastación forestal en Galicia, seguimos sen ter un diagnóstico claro sobre por que se queima o noso monte. E, se non hai diagnóstico, non hai remedio posíbel. ¿Quen paga aos pirómanos? ¿Que declaran estes? ¿Quen fabrica eses artelliños de explosión retardada?¿O veciño que lle quere queimar o monte ao do lado? En teoría non se pode vender a madeira queimada, pero no Barbanza débese facer a transacción sen complicacións porque os bosques aparecen talados despois das queimas. Non son experto en incendios, pero, no ano pasado, e neste, a queima foi planificada e lóxica. A cuestión é que alguén investigue dunha vez a que se debe esa lóxica: nunca atopamos culpábeis. ¿É imposíbel evitar isto? O ano pasado andiven pola Illa de Córcega, un país de orografía considerábelmente máis complicada ca nosa e, por riba, con prendediza vexetación mediterránea. Hai dez anos era a caldeira de Europa. O verán pasado a penas se produciron incendios, pero un observaba cuadrillas con motobombas, facendo garda, ata no último recuncho da cordilleira central e tanques de auga portátiles a media, baixa e máxima altura cada dous quilómetros. Supoño que tamén habería outras medidas. En todo o que ando polo monte en Galicia -e mira que ando- aínda me falta atoparme en todos estes anos a primeira cuadrilla controlando sobre o terreo as áreas perigosas ou comprobando o estado do monte. Aquí utilizamos o satélite, claro. En fin. Descúlpame este esputo pero, ¿para que está un blog senón para desafogarse?

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Silvia C. 7 Agosto 2006 at 11:21 am

Este fin de semana, en Terra de Montes, ademais do incendio de Cerdedo no que se queimaron máis de 1.000 hectáreas e morreron dúas persoas, queimouse non sei aínda canta extensión de monte dende a Serra do Candán cara o oeste. Unha zona, curiosamente, de monte comunal e recentemente repoboada, onde ademais seica había problemas porque os donos non se poñían dacordo sobre o destino dos pinos e da terra. Non teño nin idea de que pasou, só de que tódolos anos pasa o mesmo, e de que a madeira queimada se compra prácticamente regalada. Non hai dereito, que o primeiro comentario que che deixo teña que ser por este motivo…

2 Uz 8 Agosto 2006 at 11:01 am

A passada fim de semana viam-se perfeitamente desde o Pedroso os lumes que sitiavam Compostela (sobretudo os de Ames, como o de Bugalhido, que estava às portas mesmo da cidade). Pequenos infernos fantasmagoricamente hipnotizantes: um não podia deixar de mirar… e de maldizer. Demo!!

3 carlos 9 Agosto 2006 at 9:37 am

No se si me he enterado muy bien porque no hablo gallego, pero me parece que se deduce claramente la migración de los constructores de VAlencia hacia arriba porque en todas las costas del mediterráneo les van a pillar y antes de quedarse sin botín, pues eso que tiran para el norte que hace más fresquito. Así que a desolar que sale más barato que hacer las cosas bien.

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>