Finlo Rohrer para a BBC:
¿Está el estado-nación bajo amenaza por el surgimiento de las superciudades? (…) Económicamente, muchas de las principales ciudades del mundo están ya divorciadas de sus naciones-estado, y su principal fuente de inversión viene de otras mega-ciudades.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Na súa visita a Santiago no 2001, Paul Auster falou disto mesmo. Pero non se refería só ós aspectos económicos, senón tamén socioculturais.
Dicía que Nova Iorque era unha illa dentro de Estados Unidos, independente a tódolos efectos (salvo os formais) ó igual que San Francisco, Washington, Las Vegas, Atlanta… Cidades capaces de subsistir sen o resto do país porque actúan ademais como metrópoles de áreas economicamente moi fortes. Dicía medio en coña que o único lazo de unión entre as diferentes cidades, moito máis sólido que o goberno da nación ou as leis federais, eran as ligas deportivas profesionais.
Pareceume moi lóxico. Ó fin e ó cabo, no mundo da globalización financeira, cada día miramos con temor o que ocorre nas bolsas de Nova Iorque, Londres ou Tokio. O centro mundial da moda non é Italia, senón Milán, e Shangai conforma un ecosistema semellante ó Benelux.
Auster víslumbraba un “Renacemento do Renacemento”, onde as grandes macrocidades emularían as cidades-estado da Península Itálica, incluso reclamando unha autonomía que na práctica equivaldría a unha independencia case total (a cambio de permanecer dentro do Estado e suministrar os impostos das multinacionais).
Diso non che estou tan seguro. Supoño que co panorama que temos a día de hoxe, dependerá das competencias en Seguridade que poidan ter as MacroAlcaldías. Porque se un non sente que “a cidade o protexe”, véxoo difícil…
Un concepto moi recollido en socioloxía nos últimos anos é o “retorno do poder feudal”. Refírese non só aos aspectos negativos dese réxime feudal e económico que deseñou a historiografía no último século, senón tamén como metáfora facilmente comprensible da polinucleización do poder. O fenómeno é complexo e tamén é paradóxico. Cantas máis institucións de poder nos constituímos por riba de nós máis diluído parece este, e as atribucións tradicionais do Estado -da res pública, refírome, sexa Goberno central, Xunta, concellos- dilúense nunha nova terminoloxía: -incentivo, subvención, relanzamento. As novas formas de Estado parecen imitar, cando nacen, modelos de institución asistencial do XIX máis que poder constituído polos cidadáns en resposta a unha necesidade civil.
Deixa un comentario