
Locosound, creado polo artista suízo Alain Bellet, é unha experiencia de audio que se sincroniza coa paisaxe vista dende unha xanela de tren. A través dun sistema de seguemento GPS, a audiencia pode sintonizar unha radio frecuencia en FM cando se sube ao vagón e converterse en parte dunha experiencia audiovisual que se basea nunha experiencia de son específica para un percorrido concreto dunha liña determinada (a paisaxe entre Zurich e Basilea).
O sistema é sensíbel a calquera retraso, paradas non esperadas ou calquera outra incidencia en tempo real. Este concepto de audio permite un novo xeito de composición musical, que tamén inclúe narración.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 


{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario