O sistema sanitario dos campamentos militares romanos

1 Xullo, 2006

Cando falamos de que a civilización romana era avanzada, non sabiamos ata onde! Aquí podemos ver como nunha das esquinas da muralla do campamento romano da Ciadella, en Sobrado dos Monxes -base militar da Cohorte I Celtibérica-, os intelixentes romanos emprazaron nada máis e nada menos que unha cisterna! A todo esto, a muralla tédela que imaxinar baixo o monte de toxos e fentos que vedes na foto…

En realidade, supoño que pertencía a un dos vestiarios do campo de fútbol anexo que montaron, no seu momento, cargando contra un dos lados desta muralla. Xa o dicían os clásicos: mens sana in corpore sano…

De todos os xeitos, debe haber algo no lugar que incita a facer iniquidades contra o patrimonio porque se non non se explica. A base militar contaba con dous postos de vixiancia fóra do recinto. Como din na excelente web local de Sobrado que mantén a Asociación Cultural “Nitella Flexillis”:

O posto do lado leste chámase “Medorra de fanegas”e foi excavado en 1983, comprobándose que se trataba dun túmulo megalítico con cámara, coraza pétrea e anel periférico. Sobre este túmulo en época romana constrúese un edificio rectangular con aparello similar ó do campamento e cunha solana orientada ó sur.

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 gourmetdeprovincias 2 Xullo 2006 at 7:59 pm

Vaia, así que xa non é o “fumadeiro de opio” dos rapaces da aldea, como a última vez que fun por alá. Alégrome. Iso si, os toxos seguen sendo os mesmos, polo que vexo.

2 magago 2 Xullo 2006 at 9:14 pm

Ten sentido o que dis. Esa Cohorte estivo antes no norte de África. :-)

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>