
O Nokia 6280 é un excelente móbil na relación calidade-prezo (depende dos puntos, pero en Phone House se consegue por 90€). Gran pantalla, teclado retraíbel, cuatribanda, unha cámara traseira de 2 megapíxeis con flash incorporado cunha soprendente resolución e calidade de 1600 x 1200, xunto con outra pequena cámara dianteira para videoconferencias, 3G -agora Vodafone incorpora de balde HBO polo móbil, un micro con boa calidade de gravación, tarxeta miniSD para almacenamento (unha marca blanca, 512 megas sae por uns 30€, algo menos), bluetooth e USB, RadioFM e reprodución MP3. Os peros: coma sempre nestes teléfonos, a batería podería ter algo máis de duración (dous día e medio) e a incompatibilidade a priori co software habitual de ordenador por ese afán monopolístico das compañías.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Canto che pagaron pola reseña???
Pois nada, pero teño que dicir aquí que tampouco teño problema en reseñar se me envían novos modelos de cacharros… dende aquí queda dito. A mágoa é non ter un blog en castelán: sei que LG enviou a moitos blogs de tecnoloxía españois o seu último modelo de gama media, e así conseguíu unha insospeitada (e barata) presenza na blogosfera..Se é que somos todos iguais…
Deixa un comentario