Unha terraza, un micromundo urbano

Con este final de primavera tan bochornoso, as prantas multiplícanse e aparece un micromundo de cores na nosa terraza urbana. E marabíllame como este díptero parece zugar algo nos pistilos desta margarita. O ideal é sentar ao solpor cunha boa copa de viño ou unha cervexa, pinchar música tranquila no portátil e dedicarse a espreitar a chegada dos insectos ao microxardín. Podes ver o xardín completo aquí. E é posíbel que a señorita Clöe (non sei se a coñeces) se encargue de mornear ao teu carón.

2 Comments

  1. 19 / Xuño/ 2006

    Como vexo que partillamos moitas afeccións (viño, arqueoloxía, viaxes, etc..), pertímome facerche unha observación sobre o insecto da foto. Non é unha abella (aínda que o pareza). En realidade é un díptero da familia Syrphidae. Se observas atentamente podes comprobar que só ten un par de ás (como o resto dos dípteros: moscas, cínifes, típulas, etc…) e non catro (como os himenópteros: abellas, vésporas e formigas). Dificilmente, por tanto, estará libando na margarita. Enredando, seguro que si. Saúdos entomolóxicos

  2. 19 / Xuño/ 2006

    Si, ao ter só dúas ás fíxome dubidar, pero a paixón que lle puña o bicho á zugada e o lombiño con raias amarelas dáballe toda unha fasquía de meleira. Grazas pola puntualización, Anxo, xa mudei o post. Un pracer saber que compartimos varias -oxías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará