A historia dos humanoides Asimo

Last updated on 3 / Xuño/ 2006


Evolución dos prototipos humanoides ASIMO de Honda

Os investigadores e fabricantes de robótica non lle atopan unha especial relevancia a que as súas máquinas teñan parecido físico cos homes, máis ben ao contrario. Os parecidos suliñan máis os defectos que as virtudes, polo habitual. Compensa máis ben concentrarse no desenvolvemento das funcionalidades humanas, como a visión, ou o tacto ou o pensamento abstracto, ubicados en prototipos sen demasiada emoción estética.

A compañía Honda, sen embargo, sempre tivo moi claro que a robótica ten tamén algo de farándula. No 1986 presentou o seu primeiro humanoide, o E0, e partir de aí xa todo foron portadas de revistas techies, reportaxes con graza que pechan os telexornais e fotos con xefes de Estado, coma sempre ansiosos de baños de modernidade. Co gallo do vixésimo aniversario de ASIMO, o seu programa de desenvolvemento de humanoides, Honda publicou este interesantísimo especial.

O seu último prototipo e o P3, que ten xa un avanzado sistema de sensores de recoñecemento visual do espazo e un suavísimo movemento, que lle permite unha mobilidade espectacular, como se pode ver no video. Agora falta o máis difícil, a intelixencia abstracta, a autoaprendizaxe e a capacidade de obtención de enerxía por si mesmos.

Vía Robotic Nation

Actualización (3 de xuño). Polo que vexo, a competencia de Honda, Toyota, tampouco quere quedar atrás en robots humanoides. E se non, mira isto:

3 Comments

  1. 1 / Xuño/ 2006

    O da intelixencia abstracta é pan comido. Entre o bot “social” da microsoft encarta para MSN e o camiño emprendido por Google para convertirse no mismísimo HAL9000, os “benders” van sustituirnos en menos de nada…

  2. 1 / Xuño/ 2006

    Vaime perdoar, señor Castro, pero fixen a proba coa súa amiga Encarta e pareceume bastante parviña, é máis, teño visto bots con bastante máis graza…

    ;-)

  3. 1 / Xuño/ 2006

    Non lle digo q non, Gran Maestre de la Orden del Sable Laser, pero non olvide que polas súas veas corre a sangue de clipo. A evolución xenética é considerable…

    Ademáis, non se trata de imitar ós humanos? Entón, como quere que non sexa parva?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará