Pois xa estamos no Capítulo 0 3.0, aproveitando a efeméride nacional (o Día das Letras) e a persoal (1000 posts publicados). A nova apariencia é un deseño de Oriol con CSS de Lokesh Dhakar. Gustoume porque aproveita as dimensións globais da pantalla (máis dun 90% dos lectores do blog xa teñen resolucións de 1024 píxeles de ancho) e ten un deseño líquido que permite incorporar con facilidade widgets (peciñas de código) con novas aplicacións que teño en mente. Ademais, gústame que poña en primeiro plano, moi visíbeis, as actualizacións. Espero que o disfrutedes.

Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




{ 6 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Pois como decía no anterior, moi bonito… e moi práctico.
Gusta aínda máis ó segundo vistazo que ó primeiro.
Pasa con todos os redeseños. En todo caso, este aínda precisa algunhas revisións. Non xestiona ben, por exemplo, a inclusión da terceira columna cando a fiestra do navegador non está maximizada. Supoño que Oriol creará unha 0.4 dentro de pouco.
emmm… pero a ver oh!, pon o enlace ás CC en galego
????? pero se xa están!!!
mmmmm….me gusta.
Señora saomai, parece que vostede o di coma se mesmamente o catara. ¿A que saben os bits?
Deixa un comentario