
Barcas no Nilo segundo AncientSpaces
No ano 2000, Ancient Sites era unha floreciente comunidade dixital de cidades do mundo antiguo e avatars de nomes mitolóxicos. No crack, a divertida idea cascou e co sitio quedouse unha empresa cun proxecto novo bastante diferente: Ancient Wines, e que tamén se esfranou sen misericordia. O nome, con todo, debe ofrecer unha irresistíbel atracción. Leo no divertido especial de Wired sobre os videoxogos a historia de MIchael Griffin, un afoutado estudiante que dende hai dous anos lidera unha comunidade 3D que busca reconstruír o mundo antigo a través do proxecto AncientSpaces. As reconstrucións veñen avaladas por un comité científico e o obxectivo final é crear un mundo virtual interactivo ambientando nas grandes cidades e feitos do mundo antigo:
“Imaxínate tentando gañarlle un debate a Sócrates”, di Griffin, “ou tomar parte nunha representación do Edipo Rei”
Mentres, pódense ver vídeos e capturas do contorno.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario