A vila Winter Cofete en Fuerteventura
Un momento Iker Jiménez a cargo de Ramón Nogueira ;-):
cun portatil e conexion a internet nomadeando polo sur de Fuerteventura descubro unha historia sorprendente ( cando menos), aprendendo a historia desta terra de contrastes onde habitaban tres etnias que dividiron a illa en tres partes cun muro de pedra de lado a lado, aos que teñen riqueza chamaselle “aguatenientes” e non terratenentes, as zonas volcanicas chamanse malpaises porque non agroma nada (…)… e a curiosa historia dun oficial aleman que mercou un tercio de illa e perpetou un sistema feudal que databa da epoca da conquista e que estivo activo ata os anos 50 do seculo XX, o señor Gustav Winter Klingele, construtor de Cofete, o ultimo bastion nazi …. (…) Que foi Cofete? o señor Winter non residia ali senon en Morro Jable, o lugar ten dimensions para aloxar cen-duascentas persoas, existe auga na montaña, o servizo da casa era exclusivamente aleman, e nun momento dado expulsouse aos medianeiros da zona ( ainda hoxe non teñen documentacion sobre moitas das casas que habitan ) , a uns cinco kilometros ao sur existe un aerodromo e a unha distancia duns quince kilometros ao norte existe unha zona militar.
que cada un extraiga as suas conclusions, que foi unha base nazi e evidente, pois ninguen nun periodo de guerra compra a titulo particular un tercio dunha illa ao caron de Africa a prezo de saldo, base operativa? carcel? laboratorio? moi probablemente. base de submarinos? (…)



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario