Abadía de San Campio, de ouro

Last updated on 11 / Maio/ 2006

Abadía de San Campio, o branco Rías Baixas deseñado polas adegas Terras Gauda no Rosal, acaba de gañar outro relevante premio internacional, a Medalla de Ouro no Challenge International du vin 2006, que se vén de celebrar en Bourg. Coido que a merece de arriba para abaixo: é un dos brancos máis elegantes que produce o país, cando menos para o meu gosto: cheo de sabores, de memorias de prantas e de finura. Outra cousa é posíbelmente o que os medios galegos non digan porque non se menciona na nota de prensa da adega: que se outorgaron outras 249 medallas de ouro neste enorme concurso, é que só se conceden ás adegas que expresamente se presentan… Para min, persoalmente, tales factores non desmerecen moito: o relevante é o feito de que a adega quixo estar aí e que, por riba, saiu ben parada.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *