Capítulo 0

MANUEL GAGO OFRECE UN MENÚ DEGUSTACIÓN DE:
DESEÑO. COMUNICACIÓN. GASTRONOMÍA. PRESENTE. ESTILOS DE VIDA. INTERNET. PASADO. VIÑO. CULTURA MULTIMEDIA. FUTURO. DESCUBERTAS.

Capítulo 0 random header image

A física da amizade

Marzo 24th, 2006 · 3 Comentarios

O gran dilema das ciencias sociais sempre é cantidade ou cualidade. Dado que as persoas non somos robots, é dicir, somos máis impredecíbeis que o Windows XP, non podemos investigar sobre estas do mesmo xeito que sobre moléculas. Polo tanto, cando tes que facer unha investigación, as dificultades metodolóxicas sempre son o obstáculo máis difícil de salvar. Mil circunstancias diferentes poden tumbar o teu modelo orixinal e obrigarte a facer unha nova ficha de traballo de campo que contemple todas esas opcións novas que nin imaxinabas que existían. Por iso, moita xente prefire facer investigacións cualitativas no canto de cuantitativas. É dicir, prefirese analizar as apreciacións particulares de individuos e renunciar a comprender de xeito amplo e representativo os comportamentos dunha gran comunidade. Conste que non digo renuncia en modo negativo. Unha teima habitual que temos no Grupo de Novos Medios é desenvolver métodos fiábeis que nos permitan entender globalmente, comprender e mesmo nalgún caso predecir a evolución -entendendo a predición como a comprensión dunha tendencia a curto prazo- dun obxecto de investigación determinado. Moitas veces, en investigación sobre tendencias de comunicación, o xeito máis válido de conseguir isto é facer que datos cualitativos e cuantitativos dialoguen entre si.

Por iso, gústanme sempre as achegas dos físicos e matemáticos á evolución da sociedade humana, porque aínda que se as súas metodoloxías poidan ser moi discutíbeis, a súa praxe profesional deriva nunha sorprendente simpleza de conclusións, escasas en matices e peros como son os resultados dos investigadores sociais. É o caso de Marta González, Pedro Lindl e Hans Hermann, que reduciron as relacións de amizade dentro dun instituto de secundaria a esta gráfica a través da aplicación de modelos matemáticos que consideran ao individuo como partícula, e polo tanto, como elemento inserto nun contorno susceptible de modelizarse e parametrizarse. Aí, con diferentes cores, represéntase a estrutura dunha comunidade, os seus parámetros de agrupamento e mesmo as relacións sexuais!

Máis info:

Reportaxe en Physorg.com
PDF do artigo

Tags: Ligazóns · Tendencias en deseño

3 respostas

  • Anonymous // 26 Marzo 2006 at 7:51 pm

    …lémbrame isto ó número de Bacon do que falaba Paleón, é interesante ver cómo a periferia ten unha interrelación con ela mesma, cando todo debería apuntar a un nodo central, non?…

  • Anonymous // 26 Marzo 2006 at 7:51 pm

    …lémbrame isto ó número de Bacon do que falaba Paleón, é interesante ver cómo a periferia ten unha interrelación con ela mesma, cando todo debería apuntar a un nodo central, non?…

  • magago // 26 Marzo 2006 at 9:34 pm

    É que eu creo que o das periferias nas comunidades humanas é bastante máis discutíbel. A sociedade invéntase múltiples centros, para múltiples usos. Despois, os libros de Historia, de economía e de política encárganse de ensinarnos outros. Este fin de semana falabamos diso. Un rapaz de Madrid dicía:

    -Que lonxe segue a quedar Galicia.
    -E nós diciámoslle: perdoa, pero dirás que lonxe segue a quedar Madrid.

    :-)

Coméntanos algo