Punto de partida

22 Marzo, 2006

ETA declara un “alto o fogo permanente“. Un alto o fogo permanente é diferente de indefinido, a terminoloxía empregada por ETA en anteriores negociacións, aínda que non teñamos demasiado claras as diferencias entre ámbolos dous. Teño certa impresión de que o comunicado da organización terrorista foi consensuado entre moi distintos axentes.

Ollemos que o primeiro reto que ETA coloca para negociación se cadra sexa a legalización de Batasuna e, polo tanto, o establecemento dunha canle de interlocución que vincule o entramado social e político do mundo abertzale con ETA:

(…) asegurando de cara o futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas (…)

No comunicado de ETA non aparece as palabras independencia nin autodeterminación. Son substituídas por un ambiguo enunciado:

(…) Ao final dese proceso os cidadáns bascos deben ter a palabra e a decisión sobre o seu futuro. O Estados español e francés deben recoñecer os resultados do devandito proceso democrático, sen ningún tipo de limitacións.

¿Un documento o abondo flexíbel para facilitar fórmulas de negociación? O comunicado de ETA parece deixar todo moi aberto para facilitar puntos de partida. O camiño máis complicado chega a partir de agora.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>