Os blogs na TVG
Recámara é un novo programa da TVG na noite dos sábados con catro reportaxes rápidas de investigación, denuncia, tendencias e perfís. Para a súa primeira emisión, unha das reportaxes escollidas foi o fenómeno blog en Galicia. Falamos Marcus Fernández, Manuel Bragado, Berto Yáñez -Aduaneiros sem fronteiras, chuza.org-, Jaureguízar e eu mesmo. Coido que a reportaxe quedou moi ben.
Video por xentileza de Marcus Fernández.












Gustoume a definicion que das do teu blog, esa é precisamente a miña percepción deste espazo.
Sao Mai
moi ben dito o que dixeches.
O Vello da Montaña
Saícheste na túa intervención, meu. Coido que agora é a cara que asociaremos todos á definición de blog en Galicia.
Marcus
Moi bo o reportaxe e moi ben ti. Gustoume.
Falta xente mais os que saídes falades moi ben e ofrecedes unha boa visión do que son os blogs no panorama galego. Parabéns!
mourullo
Mui ben o programa e o falado nel.
Isto dos blogos vai a mais.
Un saudo de Acedre.
Gustoume verche a cara e escoitarte. Fuches moi clariño.
Peke.
faltache jaureguizar na lista
Um, coido que jaureguizar tamén figura no texto, non?
Grazas a todos/as! A verdade é que o equipo de Rec Cámara fixo un excelente traballo: non é nada doado contar o dos blos en cinco minutos, con cinco fontes diferentes e a un ritmo tan dinámico e, por riba, facer unha atractiva selección dos cortes de vídeo. Pero aí está!
moi bo! parabens dende a diáspora e gracias por polo na rede para que poda verse dende todo o mundo.
torredebabel (fiosinvisibles.blogspot.com)
moi bo! parabens dende a diáspora e gracias por polo na rede para que poda verse dende todo o mundo.
torredebabel (fiosinvisibles.blogspot.com)
O dos blogs, un gran acerto . O programa moi bo. Moitos éxitos. Desexo que vos convirtades no “Informe Semanal” da TVG (pola calidade que xa a tedes e pola duración, que so e cuestión de tempo).
Emmm… nin unha muller… ¿tan masculinizado está isto?
moi ben. segguide asi. parabens.