Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Ligazóns

O segredo da Illa das Focas

16 / February/ 2006 2 comentarios

El secreto de la Isla de las Focas, o título en español de The Secret of Roan Inish (1994) crea equívocos: parece unha edición cinematográfica dunha novela de Os Cinco ou dos Hollister. Pero esta personalísima película do realizador John Sayles, non ten nada que ver con isto.

Hai películas que sabes, dende o día que as ves, que pasarán a formar parte da túa vida. Cando hai máis de dez anos o meu amigo Carlos pasoume O Segredo, fiquei fascinado. A película, ambientada nunha zona costeira de Irlanda durante os anos 40, conta a historia de Fiona, unha nena orfa que retorna á casa dos seus avós enviada polo seu pai, obreiro e sumido no alcoholismo trala morte da súa muller. Fiona mergúllase naquel mundo do que marchou cando era moi pequena: a familia eran illeiros que marcharon dunha illa próxima, a Illa das Focas, presionados polas difíciles condicións de vida. As frangullas de parentes que quedan viven da pesca no porto. A nena comeza a descubrir que o pasado non está pechado de todo ao visitar de novo a illa, e de súpeto, lenda, fantasía e vida comezaranse a cruzar de xeito tenro e prodixioso. As Selkies, mulleres que son ao mesmo focas, a variante irlandesa das nosas sereas, son unha peza clave deste conto sobre a recuperación da memoria e a tensión entre a fantasía e a realidade. Sayles manexa os tempos con valentía, afastándose da cinematografía convencional de Hollywood: é unha película de tradición oral, na que o avó conta longas historias pola noite, co ritmo das palabras contadas, e ti escoitas abraiado.

Abraiado pola calidade do filme, pero tamén pola incríbel proximidade da narración á cultura mariñeira que eu aínda vivín. Porque esta familia irlandesa podería chamarse Piñeiro, Bouza, Sampaio e teriamos unha película ambientada en Galicia. Paisaxes, vestimenta, etnografía, lendas. Todo absolutamente idéntico, se mudaramos as nosas dornas en curraghs e a represión da lingua irlandesa pola galega neses tempos. A coincidencia cultural é pasmosa, emocionante. Na miña historia familiar -e permíteme que ma reserve- mesmo abraiante. Xa sei que isto que digo nin é politicamente correcto nin soa moderno, hoxe en día, pero os feitos son os feitos.

Se tes oportunidade, tenta ver esta película, ou pídema.

2 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.