Como nos enganan as compañías

26 Decembro, 2005

A miña operadora de telecomunicacións.

-Quero facer un traslado da miña liña de teléfono e do meu ADSL.
-De acordo, Sr. Gago. Son 48 euros.
-¿Como? ¿Canto me cobran?
-48 euros, Sr. Gago.
-Mire, é imposible, non ten ningún sentido. Porque se eu dou de baixa a miña liña e contrato con outra compañía, sáeme de balde, pago a metade ata febreiro e danme por pouco máis un router wi-fi.
-Espere, que lle paso co departamento comercial.

Tururú tururú.

O comercial vólveme preguntar. Eu dígolle que nin de cachondeo pago 48 euros polo traslado de liña, co mesmo número, na mesma cidade. Aos poucos:

-Está ben, Sr. Gago. Non lle cobraremos nada.

A miña compañía de seguros do coche:

-Mire, vostedes acábanme de cargar 675 euros dun primeiro prazo do seguro do mes que vén.
-Si, Sr. Gago. Como vostede non chamou para indicar o contrario, procedimos a renovar automaticamente a súa póliza.
-Perdoe, pero o ano pasado chamáronme para que dese a confirmación da renovación do seguro. Este ano non o fixeron, e non me informaron da variación do prezo ou de se desexaba facer un cambio no seguro.
-¿Desexa facer un cambio na póliza?
-Si, quero poñela a terceiros.
-Está ben, Sr. Gago, son 1.200 euros.
-¡¡Comooorll????
-1.200 euros.
-Está segura do que di. Iso é unha barbaridade.
-Pois si, señor Gago.
-Disculpe, pero é que nesta outra compañía cóbranme 600 euros de póliza polo mesmo.
-Estas son as nosas condicións.

Pola mañá devolvo o recibo no banco. Esta mesma tarde chama a compañía.

-Sr. Gago, parece que non está vostede satisfeito coas condicións económicas da póliza.
-Efectivamente.
-¿Pódeme concretar cal é a oferta que ten da outra compañía?
-670 euros.
-Queremos mellorarlla, Sr. Gago. Un momento, por favor…

Tururu tururúuuu.

-¿Sr. Gago?
-Si, dígame.
-Ofrecémoslle a mesma póliza por un prezo similar, 670 euros.
-Ao mesmo prezo?
-Queremos que se quede como cliente, Sr. Gago.
-¿E pode dicirme por que antes querían facerme pagar O DOBLE polo mesmo servizo?¿Estábanme enganando?
-….

As compañías de servizos entraron nunha escalada de competencia na que o consumidor debe estar moi atento. Podes estar a pagar máis do doble do prezo razoábel do servizo. E mesmo moitas empregan os descontos salvaxes como unha técnica de márketing, como unha especie de gratificación para facerte sentir unha sensación de victoria que bascule a túa decisión cara a súa beira. Nada parece ter o valor real na economía virtual e de crédito deste principio de século. Ofertas e demandas, marxes de beneficios, basculan en función de negociacións nada estábeis que poden levar a descensos de prezos de máis do 60% naqueles consumidores dispostos a ofrecer unha cara agresiva. ¿Cara onde nos levará isto?

{ 1 trackback }

Capítulo 0 » telehisteria
9 Febreiro 2006 en 10:28 am

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Anonymous 27 Decembro 2005 at 3:07 am

É unha técnica moi española, o nome é “si cuela, cuela”

Ifrit
http://cinemafriki.bitacoras.com

2 An 13 Decembro 2008 at 3:14 am

pois o que agora estamos chegando que case non exista diferencia entre unha e outra compañia e todo sexa máis caro..agora ben pobre de que unha delas diga…30 euros mes e chama o que che salga da gaita…por que as demais funden :) e o mesmo nos seguros…inda que iso …é máis arriscado :) SAúdos

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>