Folk Songs for the Five Points é toda unha experiencia sonora. Nas palabras dos seus autores, “é unha celebración da diversidade cultural e do cambio”. Creado por un grupo de artistas dixitais en colaboración co museo Tenement do East Side de Manhattan, o proxecto consiste na gravación de fragmentos sonoros que recollan a paisaxe aínda emigrante, aínda popular, desa zona do East Side de Manhattan coñecida como Five Points. Se víchedes Gangs of New York, a peli de Scorsese, lembraredes que era un dos principais puntos de asentamento dos inmigrantes con menor fortuna.
Estes fragmentos sonoros pódense mesturar en liña, obtendo unha canción popular nova, na que se cruzan efectos sonoros, voces, melodías. Trátase de mover os puntos brancos enriba das zonas das que se teñen gravacións. Cada interacción nova pódese almacenar nun mix. O efecto, desconcertante ao principio, cobra sentido unha vez que comezas a aprender a interaccionar. Unha boa inspiración de grandes posibilidades.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }
Interesante tu post. Fui al sitio de Folk Songs for the five points, y me pareció realmente buena la experiencia multimedial.
no se que le pasó al coment, mi nombre es marcelo aliaga, de chile.
marcelo.aliaga.cl
CheXire di:
Está moi chulo, poderíamos facelo en Santiago pero con audio streaming en directo. De paso, unha excusa perfecta para unha nova moda do s.XXI: A AUDIOVIXILANCIA (e Bugallo de Gran Hermano).
Marcelo, CheXire: la verdad es me interesa mucho investigar sobre como aplicar el audio en la web. Hasta el momento, se descarga, ambienta, etc. Pero creo que aún estamos desaprovechando sus potencialidades espaciales en la web. Le ando dando bastantes vueltas a la cuestión y, quizás para el otoño que viene, prepare alguna experiencia en este sentido.
Deixa un comentario