cousas que aínda pasan (2)

17 Decembro, 2005

Tenda compostelana -e de toda a vida- de electrodomésticos . Decembro de 2005 d.C.

-Pode pór esta lavadora en tres cómodos prazos de 100 euros cada un.
-Ah, moi ben, pois prefiro así
-di esa muller.
-Téñolle que tomar uns datos. Imos ver: nome, apelidos…idade…teléfono móbil…teléfono fixo…un segundo teléfono fixo…está solteira, casada, separada, divorciada…dígame o seu enderezo, por favor…que idade ten…canta xente ten ao seu cargo…percibe un salario ao mes…¿de canto?…a ver, preciso que me concrete o salario…dígame a súa profesión…
-Ama de casa.
-¿Ama de casa?
-Si, ama de casa, con tres fillos criados, estudiados, dúas casas, sí, ama de casa.
-Ah, entonces non lle podemos financiar a lavadora.
-¿Como?
-Que non lle podemos financiar a lavadora porque é ama de casa. Ten que dicirme mellor os datos do seu marido.
-¿Está de broma? ¿Estame dicindo que non me pode financiar trescentos euros porque son ama de casa?
-Non señora, non, e por favor, e axilice que neste tempo eu xa tiña vendidas tres lavadoras. A ver, o nome do seu marido…

Nun magnífico arrebato de dignidade, a muller montoulle un escándalo ao dependente e marchou da tenda.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>