un paseo
Paseo ás mil cun vello e sabio patriarca da esquerda:
-Nos anos 60, a socialdemocracia alemana estaba chegando ao poder, e o partido estaba desorientado en como conciliar o traballo de gabinete coa actividade, reactividade e mobilización social levada ata o momento. Un vello lúcido pronunciou unha frase clave: “A esquerda sempre chega ao poder de prestado”. Esa frase é un código de actuación. Logo repetíronma a min, para que a lembrara cando fora o momento.











