Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario, Ligazóns

o camiño antigo

12 / October/ 2005 Un comentario

ancient way

O Camiño Antigo / The ancient way é, posiblemente, o documental multimedia máis extenso e ambicioso que se teña feito en Galicia. Producido a tres bandas e en tres idiomas –galego, castelán e inglés- pola Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago, a Universidade de Los Andes (Chile) e a Universidade de North Carolina at Chapel Hill (EEUU), o documental ofrece diferentes retratos daquelas facetas de Galicia máis vinculadas ao mundo tradicional, dun país con profundas raiceiras no tempo. Durante os meses do verán de 2005, 35 alumnos, profesores e profesionais do xornalismo –algúns gañadores do premio Pulitzer, por exemplo, infografistas como Alberto Cairo ou Xaquín López (de El Mundo) e prestixiosas fotógrafas como Ami Vitale- traballaron durísimo para sacar adiante o proxecto. O Camiño Antigo está estruturado en grandes historias que mesturan audio, vídeo, fotografía e infografía de coidadísima aparencia. Pódese tocar virtualmente a zanfona, revelar o interior do mosteiro de Samos, coñecer en detalle o proceso da pesca de baixura ou xogar con amigos á chave.

E, non é por nada, este traballo fíxerono os meus alumnos. ;-)

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.