ladróns de tinta

6 Outubro, 2005

ladLadrones de tinta, de Alfonso Mateo-Sagasta, é unha intelixente novela sobre o Século de Ouro. Ambientada no Madrid dos Austrias, o escritor deseña unha intelixente trama, chea a fartar de toques de humor, arredor das circunstancias de edición do Quixote. Un corrector de probas dunha imprenta ten que conseguir, por encargo do seu editor, coñecer quen foi o autor do Quixote de Avellanea, a segunda parte falsa da obra de Miguel de Cervantes. Mateo-Sagasta aproveita o rol case sempre transversal do detective para poder penetrar de xeito horizontal no mosaico social da capital imperial no seu tempo. E conségueo. Porque se teño que definir a novela de algún xeito, sería de divertida e entretida.

Uso principal: lectura en medio de transporte (preferentemente colectivo)

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>