Unha breve historia do sorriso

26 Xullo, 2005

smile Teño que falarvos dun libro marabilloso: A Brief History of the Smile, de Angus Trumble (Basic Books, 2004). Esta Breve Historia do Sorriso comezou cando Trumble, un comisario de arte, foi convidado a impartir unha conferencia sobre a boca na Historia da Arte nun Congreso Nacional de Dentistas australianos. Nos exemplos que foi reunindo para preparar tal estraña conferencia, Trumble descubríu que os sorrisos agachaban todo un concepto da representación social. ¿Por que rían os efebos kouroi gregos? ¿Por que Grecia abandonou ese sorriso despois, na súa escultura clásica? No Barroco, os homes miraban graves ao pintor dos seus retratos e só os bufóns, retrasados e as mulleres eran representados cun sorriso aberto. Ata o século XIX, só algúns mercaderes, borrachos e galáns flamencos amosan un claro arco de expresión na súa cara. E non será ata a ríxida época victoriana cando Ford Madox Brown retrate o primeiro sorriso franco, amplo e respetable, alén das escenas costumistas campestres no que xa campeaba dende séculos. Será o de Thomas Carlyle en Work, librepensador que criticou o naquel momento hexemónico laissez faire do capitalismo e formou intelectualmente aos primeiros socialistas británicos. ¿Canto tería de desafiante para as normas do retrato pictórico burgués? ¿Canto de confianza no poder do home?

Trumble vai debullando séculos de historia cultural buscando os límites entre a elegancia, a sinceridade e o retrato psicolóxico. Unha estupenda lectura para as tardes deste verán.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>