día da patria

25 Xullo, 2005

Os helicópteros caen na ola da cidade vella a partir da nosa casa. Na mañá do 25 de xullo, o ceo de Santiago está cheo de zunidos de rotores que me espertan unha profunda aversión e incomodidade, que se meten sen permiso dentro desta casa mentres escribo. Hai máis de mil anos, ergueuse aí abaixo unha catedral como símbolo de poder de conquista; hoxe en día, o control sobre espazo simbólico segue a ter unha excesiva importancia mítica: compréndoa, téñoa compartido, pero como tódalas cerimonias colectivas, hoxe provócame un excesivo pudor e timidez. Se houbera bo tempo, eu celebraría o Día da Patria bañándome nas augas da Praia da Balea e comendo unhas xoubas asadas, xogando cos dedos no argazo seco e escoitando o salto dos pulgóns ao carón da toalla. E bebería unha copa de viño á saúde de tódolos vivos que aínda pasarán por este país.

.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>