debates de espectáculo

4 Xullo, 2005

utopia.jpg

Na procura da utopía. Obra permanente de Jan Fabre en Nieuport (Bélxica). Imaxe corporativa do Festival de Avignon 2005.

Avignon ten unha ponte a medio rematar, que inspirou unha canción que funciona como un soniquete machacón no oído de quen engancha nela. A historia desta ponte, vinculada ao Papado francés e aos cataláns que o defenderon no seu momento, quizais poida resumir algo o espírito desta pequena cidade do sur de Francia. As disputas sempre parecen estar no punto xusto no que deben ser comezadas ou abandonadas e fican deliciosamente pendentes. A isto xúntaselle que a cidade permítese unha preciosa luz dourada, cortesana e ociosa que pega ás tardes nas terraciñas do boulevard Saint Michel ou na Place de la Madeleine con máis gusto que deber. Iso debe permitir que o festival de Avignon sexa un repousado lugar, dende hai décadas, para permitir debater sobre os límites do teatro.

O teatro como unha cámara dos séculos e a mestura como signo do futuro do espectáculo. O artigo de Nathaniel Herzberg para Le Monde sobre a ruptura das marxes do teatro clásico, a propósito do Festival de Teatro de Avignon, presenta interesantes interrogantes da creación cultural. Mirade, por exemplo, as declaracións de Patrick Sommier: “Ma préoccupation, c’est comment raconter notre monde, notre histoire. Et pour cela, les mots ne suffisent plus. Aujourd’hui, un artiste doit pouvoir rendre intelligibles tous les signes que notre société envoie : les sons, les objets, et surtout les images. Si tant d’artistes utilisent la vidéo, c’est parce qu’ils maîtrisent cette technique, mais surtout parce que l’image forme l’identité du monde contemporain.”

Nestes últimos anos, a fascinación das novas tecnoloxías está a ser substituída, como é obvio, pola súa instrumentalización. No novo contexto, xorden preguntas de insólita realidade sobre o uso do dixital:

“Les nouvelles technologies “au service des politiques en veine de publicité” et “des fonctionnaires en quête d’économies budgétaires” ?”

.