En tres días, estaremos alí arriba.
Posts desde Xullo 2005
o inicio
30 Xullo 2005 · Sen comentarios
→ Sen comentariosTags: Diario · Roteiros¡Chimpa!
pequenos propietarios
30 Xullo 2005 · Sen comentarios
Á noitiña, as portas dos pequenos edificios de tres plantas deste barrio énchense de propietarios que van e veñen. Son homes e mulleres aos que xa lles vai faltando pouco para chegar á vellez, ou que acaban de entrar nela. Ergueron o rueiro no alto da cidade, sen abrigo do nordés, buscando os terreos máis baratos nos que rendabilizar os cartiños gañados na emigración londinense. Agora, á noitiña, observan á nova xeración de inquilinos que cruza as aceiras con indisimulado aceno de desconfianza e desprezo. Non din nada e fican calados.
-Desexarían que nesta cidade houbera violencia racial, asasinatos, inseguridade nocturna, roubos, violacións. Todo sería máis doado, encaixaría na súa visión do mundo, tan maniquea -dime Ber- na carnicería o outro día unha muller faloume desta rúa coma un guetto de delincuencia. ¡Deste sitio no que nunca pasa nada! ¿Creránno realmente?
-Nunca se atreverán a dicir o que pensan realmente de nós en público -di Hoiku, coreanoholandés.
→ Sen comentariosTags: Diario¡Chimpa!
don’t be afraid
30 Xullo 2005 · 1 Comentario
Jim Hodges. Don’t be afraid.
Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela.
(da presentación oficial): “O proxecto do mural consiste no desexo de Hodges de expresar en cantos máis idiomas posibles a frase Don’t be afraid. Cando empezou a pensar en como podería ter acceso a unha grande cantidade de voces e de idiomas, Hodges pensou nas Nacións Unidas por ser unha comunidade multicultural. (…) “É o meu soño –escribe Hodges nunha carta enviada aos membros das Nacións Unidas– crear un conxunto global representado por todos os idiomas, de tal forma que ningunha persoa que entra no museo e experimenta a obra se sente excluída”.
Por suposto, entre os 50 idiomas que Hodges pintou (e alguén debeu cobrar) na tea pendurada do CGAC non figura o galego.
Será porque quizais sexamos uns covardes; pode ser, tamén, que en galego non sexa posíbel a tradución de Don’t be afraid; quizais aí estea a explicación de que ninguén fora quen de recordarlle a Hodge que a realidade dos sitios que lle pagan a performance adoita ser máis multicultural que a asemblea das Nacións Unidas.
→ 1 ComentarioTags: Diario¡Chimpa!
o chef gago
28 Xullo 2005 · Sen comentarios
Como xa algún descoñecido que me requeríu polo messenger sobre esta cuestión, teño que aclarar que o chef Manolo Gago, que tanto pracer debeu dar a estas señoras que, polo menos, deben ser amigas de Josemi Rodríguez-Sieiro, NON son eu. E, xa de paso, teño que aclarar que non me une con Manuel Gago, o autor do guerreiro do antifaz, máis que a afección pola banda deseñada (e unha certa pugna polo posicionamento en Google ![]()
→ Sen comentariosTags: Diario¡Chimpa!
o céo é confuso
28 Xullo 2005 · 3 Comentarios
Estes días ando ben liado con cuestións relacionadas coa arqueoloxía aérea. A parte de producir un contido interactivo sobre a cuestión, detéñome naquelo que fica máis próximo a min. Coincidíu coa chegada de Google Earth…dende pequeno, busquei as imaxes borrosas do ‘voo’ que o Exército norteamericano fixo sobre a Península con fins cartográficos nos anos cincuenta e tentei identificar pegadas do pasado naquelas imaxes de relevo. Así que este software resultoume auga de agosto. Sen embargo, a súa facilidade de emprego non exime dun concepto clave na arqueoloxía, o “saber ver”. Despois de bastantes horas de voo pola costa galega e os anaquiños de interior aos que se pode baixar en alta calidade, sorprendinme con este achado dun suposto castro próximo a Santiago:
Cal sería a miña sorpresa, cando explorando o cordal de montañas no que se atopaba, dinme de fuciños con outras dúas formacións con murallas repartidas ao longo dos outeiros, e moi próximas a aldeas. Tardei menos dun día en ir visitar o lugar. Unha estrada asfaltada levaba ata alí, e, sorpresa…
Aquí podemos ver como os meus parapetos vistos dende o aire se convertían nun descomunal vertedoiro municipal de Ames!! Ríndome de min mesmo, retornei pola estrada e busquei o segundo castro, que resultou ser unicamente unha depresión no alto do cordal. E xa deprimido, precisamente, seguimos ata o terceiro. Aquí o monte de toxo superaba a altura das nosas cabezas. Con moito sufrimento, chegamos ata a suposta muralla, no alto dun lugar de vistas espectaculares. Estupendo: era unha canteira do XIX.
Como non hai mal que por ven non veña, a toxosa experiencia valeume para diferenciar murallas e depresións de terreo, a través da comparación de castros (reais) con a miña desgrazada experiencia persoal.
→ 3 ComentariosTags: Diario¡Chimpa!
Unha breve historia do sorriso
26 Xullo 2005 · Sen comentarios
Teño que falarvos dun libro marabilloso: A Brief History of the Smile, de Angus Trumble (Basic Books, 2004). Esta Breve Historia do Sorriso comezou cando Trumble, un comisario de arte, foi convidado a impartir unha conferencia sobre a boca na Historia da Arte nun Congreso Nacional de Dentistas australianos. Nos exemplos que foi reunindo para preparar tal estraña conferencia, Trumble descubríu que os sorrisos agachaban todo un concepto da representación social. ¿Por que rían os efebos kouroi gregos? ¿Por que Grecia abandonou ese sorriso despois, na súa escultura clásica? No Barroco, os homes miraban graves ao pintor dos seus retratos e só os bufóns, retrasados e as mulleres eran representados cun sorriso aberto. Ata o século XIX, só algúns mercaderes, borrachos e galáns flamencos amosan un claro arco de expresión na súa cara. E non será ata a ríxida época victoriana cando Ford Madox Brown retrate o primeiro sorriso franco, amplo e respetable, alén das escenas costumistas campestres no que xa campeaba dende séculos. Será o de Thomas Carlyle en Work, librepensador que criticou o naquel momento hexemónico laissez faire do capitalismo e formou intelectualmente aos primeiros socialistas británicos. ¿Canto tería de desafiante para as normas do retrato pictórico burgués? ¿Canto de confianza no poder do home?
Trumble vai debullando séculos de historia cultural buscando os límites entre a elegancia, a sinceridade e o retrato psicolóxico. Unha estupenda lectura para as tardes deste verán.
→ Sen comentariosTags: Diario¡Chimpa!
día da patria
25 Xullo 2005 · Sen comentarios
Os helicópteros caen na ola da cidade vella a partir da nosa casa. Na mañá do 25 de xullo, o ceo de Santiago está cheo de zunidos de rotores que me espertan unha profunda aversión e incomodidade, que se meten sen permiso dentro desta casa mentres escribo. Hai máis de mil anos, ergueuse aí abaixo unha catedral como símbolo de poder de conquista; hoxe en día, o control sobre espazo simbólico segue a ter unha excesiva importancia mítica: compréndoa, téñoa compartido, pero como tódalas cerimonias colectivas, hoxe provócame un excesivo pudor e timidez. Se houbera bo tempo, eu celebraría o Día da Patria bañándome nas augas da Praia da Balea e comendo unhas xoubas asadas, xogando cos dedos no argazo seco e escoitando o salto dos pulgóns ao carón da toalla. E bebería unha copa de viño á saúde de tódolos vivos que aínda pasarán por este país.
→ Sen comentariosTags: Diario¡Chimpa!
minorías conectadas
25 Xullo 2005 · Sen comentarios
→ Sen comentariosTags: Ligazóns¡Chimpa!
paso do tempo
24 Xullo 2005 · 17 Comentarios
Descubres na pel de todos ao teu redor pequenas enruguiñas na estrema dos ollos. Non dis nada e míraste nun espello.
→ 17 ComentariosTags: Diario¡Chimpa!
o godello ábrese camiño
24 Xullo 2005 · Sen comentarios
O mundo do viño móvese por modas, como todo. O positivo que teñen as modas é que permiten centrar a atención nunha variedade ou nunha comarca con ollos moi atentos. Adoita ocorrer que se trata de zonas de longa tradición vinícola, pero de viños destinados ao consumo interno, de mesa, de taberna e pouco prestixio nas mesas de restaurante. Se os adegueiros son quen de reconverter a forza de tradición nun produto máis elaborado e resisten a presión dos moitos ollos concentrados, o seu futuro pode estar garantido. Pasoulle nos 80 a Ribera del Duero -grazas ao gurú Robert Parker, en principio, cando esfarelou o seu maná sobre Tinto Pesquera-, tamén lle ocorreu no seu momento ao noso Mencía lugués; sen embargo, este é o momento de Toro, de Jumilla, de Rueda ou do brillante futuro do mencía do Bierzo.
O godello de Valdeorras viña soando para un despegue dende hai meses: un sábeo polas conversas, polos comentarios, polas recomendacións de carta. Recoñezo que, agás o Galgueira do que falei hai pouco, o godello non me inspiraba escesiva credibilidade. O Guitián, por exemplo, paréceme un viño de pouco carácter e o branco de Rebolledo provocárame unha certa indiferencia -ollo, non así os seus tintos, pero iso xa é outra entrada.
Sen embargo, como digo, as cousas están cambiando. O outro día puidemos ver a excelente noticia da aparición de Viña Godeval entre os cen mellores viños do mundo de baixo prezo -seguida da inmediata desaparición da súa dispoñibilidade e prezo das viñotecas de Internet. Wine Spectator acáballe de cambiar a vida a esta xente e, posiblemente, á denominación de orixe. As colleitas dos vindeiros dous anos deberán asentar á denominación de orixe Valdeorras como algo independente, de carácter. Os adegueiros deberán facer fronte a un incremento de demanda manexando unha superficie de produción tan limitada coma a de Valdeorras. Será un momento interesante. Pola miña conta, xa teño programada unha viaxe ao mosteiro de Xagoaza a verlle as verdades ao famoso líquido.
→ Sen comentariosTags: Paparotas & Co¡Chimpa!
manolo garcía
22 Xullo 2005 · Sen comentarios

A Manolo García escóitano moita da xente que tamén escoita esta xoia do pop hispano:
(Quiero entrar en tu garito con zapatillas / que no me miren mal al pasar, / estoy cansado de siempre lo mismo, / la misma historia y quiero cambiar, /me da pena tanta tontería, /quiero un poquito de normalidad,
pero a ver, mírame, y dime tronco, no veo ni un sitio y no puedo aparcar)
Nunca entendín por que este barcelonés é quen de encher prazas de concerto cunhas letras que son pura poesía onírica. Quizais sexa porque nos soños de García sempre hai algo que é similar a ti; cando, o outro día na Praza da Quintana comezaron a voar golfiños de helio por riba nosa e aparecían pegadas na area e gatos en perspectiva frontal pola pantalla do escenario dinme conta de que a arte de Manolo García camiña pola cornisa dun mundo moi irreal, belo, gustoso e moi próximo ás cousas que vemos cando somos nenos ao noso redor, e tamén a que o sorriso deste paisano é franco, directo, feliz.
Qué marabilla poder atopar a inocencia despois de tantos anos de carreira. Grazas, Manolo (García).
→ Sen comentariosTags: Diario¡Chimpa!
delete
19 Xullo 2005 · 1 Comentario

Delete! - delettering the public space - is an installation by austrian artists Christoph Steinbrener & Rainer Dempf.
For two weeks advertising signs, slogans, pictograms, company names and logos in a Viennese shopping street was covered in monochrome yellow.
→ 1 ComentarioTags: Tendencias en deseño¡Chimpa!
sitga
19 Xullo 2005 · 3 Comentarios
Se pensabades que o Sixpac era sorprendente, é que non coñecedes o Sitga.
Ollo: pode dar bastantes problemas co navegador.
→ 3 ComentariosTags: Ligazóns¡Chimpa!
alucinacións musicais
19 Xullo 2005 · Sen comentarios
Hace siete años, Reginald King estaba en un hospital recuperándose de una cirugía de bypass cuando oyó por primera vez aquella música. Empezó con una melodía pop y luego llegaron otras. Oía de todo, desde canciones de cabaré a villancicos. “Pregunté a las enfermeras si oían la música y me respondieron que no”, recuerda King, un director de ventas jubilado de Cardiff, en Gales. “Me sentí muy frustrado, (…) me dijeron que debía de sufrir algún problema cerebral (…)”. Cada día vuelve la música. “Son canciones que he escuchado durante toda mi vida”, explica King, de 83 años. “Me viene una y luego empalma con otra, y eso es lo que ocurre en mi cabeza. Para ser sincero, me estoy volviendo loco”.
El año pasado, le remitieron a Victor Aziz, un psiquiatra del Hospital St. Cadoc’s, de Gales. Aziz le explicó que aquello tenía un nombre: alucinaciones musicales.
Carl Zimmer para El País.
→ Sen comentariosTags: Ligazóns¡Chimpa!
a barbacoa forestal
18 Xullo 2005 · Sen comentarios

Dos Aduaneiros, claro.
Escríbense letras e letras sobre as causas do terrorismo, do narcotráfico e doutros sectores do crime organizado. Son máis ou menos acertadas, pero cada quen tenta escribir hipóteses para tranquilizar a súa conciencia. Pero algo que me sorprende é que seguimos ser ter un esforzo por diagnosticar as causas da barbacoa forestal. Tódolos anos hai detencións, supostas tomas de decisións, propostas de cambios lexislativos, pero ninguén parece ser quen de extraer un factor común oficial para dar causas alén das demencias nas que se declaran tódolos pirómanos.








