
Andy Warhol almacenaba compulsivamente todo tipo de papeis (non é a única persoa que coñezo con esa obsesión, ghe). As 600 caixas de cartón que empregou, como esta de aquí arriba, atesouran recibos, follas de contactos, postais, cartas, fliers, minúsculas obras de arte. A estas caixas chámanselle, un tanto pretenciosamente, as Cápsulas do Tempo. E esta exposición en liña, TC21, explora de xeito multimedia o interior dunha delas, da Capsula do Tempo 21. É incríbel como unha acumulación desordeada de papel pode converterse nunha interface cara o coñecemento dun ser humano. E si que é unha caixa de sorpresas.



Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 




