issey miyake

22 Xuño, 2005

desfile.gif

Como teño días de E+D (exploración + desenvolvemento) éntranme tódalas sorpresas que me ensinan. Como por exemplo, esta marabilla na web de Issey Miyake, un recoñecido deseñador de moda xaponés con fortes vínculos no pret a porter parisino.

Fíxate na web: na zona superior, onde indica “new collection”, escolle o desfile de muller en Flash Broadband. É posíbel que apareza unha especie de teaser de fondo negro antes, que terás que pechar. Volve a lanzar a xanela e verás xa o desfile: as figuras corren pixeladas, como pouco definidas. No vídeo non hai reprodutor. Pero se te posicionas á dereita ou á esquerda, o vídeo avanzará ou retrocederá. Se pinchas no centro obterás unha imaxe fixa definida. Este curro xaponés é prodixioso e extremadamente intelixente: o vídeo deseñado de xeito intuitivo, preciosista, está composto por unha sucesión de fotogramas en flash independentes os uns dos outros, sobre os que se superpoñen varias capas de audio diferentes (que fan ese efecto de rebobinado ou avance) e outras capas para as imaxes de alta calidade. É o movemento sen herdanzas do pasado en forma de reprodutores. Unha idea simple, tecnoloxicamente sinxela pero brillante.

Via malonso.